Martes. 19.03.2024
El tiempo
José Luis Louzán
23:26
21/01/20

Zona Franca

Estamos falando nos últimos tempos sobre a supervivencia do territorio (máis ben, dos que aínda insistimos en vivir nel) e as posibilidades de dotar ao entorno dunhas condicións económicas, sociais e de vida acordes ao 2020 e non ancladas no 1950. E ao fío dunha conversa recente con alguén a quen respeto, por máis que difiro diametralmente en moitas cousas, ocurríuseme que estaría ben falar desta posibilidade, que máis que ningunha outra podería definir un futuro adecuado a Costa da Morte ou a outros territorios en igual ou peor situación: A Zona Franca

Dacordo coa Ley 1004 de 2005, unha “Zona Franca” se define como unha área xeográfica delimitada dentro do territorio nacional, onde se desenvolven actividades industriais de bens ou servizos ou actividades comerciais, baixo unha normativa especial en materia tributaria, aduaneira e de comercio exterior. Os limites da lei son difusos, por canto cada zona debe ser regulamentada de xeito particular, dentro duns marcos máis ou menos definidos, pero aplicando medidas especificas a cada caso e en cada circunstancia.

As mercancías ingresadas nestas Zonas se consideran fora do considerado “Territorio Aduanero Nacional (TAN)” a efectos dos impostos as importacións e as exportacións. Así mesmo, o réxime que regula estas actividades establece que a Zona Franca tería coma finalidades, por exemplo:

  • Ser instrumento para a creación de emprego e para a captación de novas inversións de capita.
  • Ser un polo de desenvolvemento que promova a competitividade nas rexións onde se estableza.
  • Desenvolver procesos industriais altamente produtivos e competitivos, baixo os conceptos de seguridade, transparencia, tecnoloxía, produción limpa e boas prácticas empresariais.
  • Promover a xeración de economías de escala.

Así, temos claras as solucións que se aplicarían e ata que punto serían beneficiosas para o territorio; unha oportunidade para inversores públicos e privados de lograr mellores beneficios cunha fiscalidade inferior, so a cambio de establecerse nun territorio concreto. A Administración deixa de ingresar unha serie de impostos, dacordo, pero por contra aforra en inversións e axudas que actualmente só serven para facer máis patente o problema, é dicir, un territorio subsidiado, que esmorece igualmente e que cada vez está máis deshabitado e envellecido.

A única inversión real, máis aló dos cambios normativos precisos, pasa por gastar no único no que o territorio non pode solucionar per se, é dicir, comunicacións adecuadas e propias do 2020.

O trasunto en todo isto estaría en como artellar un instrumento coma unha zona franca nun lugar como a Costa da Morte e, persoalmente, vexo unha clara posibilidade que vai mais aló dos localismos e que podería server para un desenvolvemento suficiente dun territorio ben amplo e actualmente deprimido. Pero comecemos por delimitar o territorio. Imos co máis crítico.

A Zona Franca que propoño so serve para os territorios que comprenden actualmente as comarcas de Soneira e Fisterra máis o concello de Carnota. Aínda que outros municipios limítrofes se verían, sen dúbida, beneficiados pola existencia deste territorio, facer que moitos deles contaran nun hipotético espazo de rebaixa fiscal, xeración económica e desenvolvemento podería desvirtuar o fin último do plan, e dicir, salvar da ruina un territorio e a unha poboación moi concreta. Aínda máis: en ningún caso concellos coma Carballo, Cerceda ou A Laracha poderían entrar neste plan, toda vez que as súas relacións socio-económicas e o seu futuro están tan profundamente ligados á área metropolitana da Coruña e Arteixo en segundo termo.

En segunda lugar, a saída ao mar para ese comercio exterior estaría vinculada indudablemente ao porto de Cee e á ría de Corcubión, dado o seu potencial de expansión e crecemento e a súa profunda vinculación con Corcubión, Fisterra, Muxía, Dumbría e Carnota (neste último caso, a un tercio do territorio deste). A trascendencia do sector pesqueiro faime pensar que non sería de todo descabellado ubicar un segundo polo entre Camariñas e Muxía (principalmente no primeiro deles), máxime despois de visto o potencial do Faro Vilán na súa cara interior, aproveitada xa no seu día pola calidade das súas augas por Stolt Sea Farm para a instalación dunha granxa de cría de rodaballo.

É obvio que o territorio non é nin Vigo nin A Coruña, pero o tipo de Zona Franca do que falo non ten moito que ver coa existente na cidade olívica. Eu falo de levar a lei ao límite e de usala coma ferramenta e non coma fin.
Porque unha Zona Franca da Costa da Morte debería ir mais aló. Falo dun regulamento fiscal propio, dunha fiscalidade especial en materia de empresa, de seguridade social, de emprendemento. Falo dun territorio libre de taxas e impostos para o establecemento de negocios que xeneren emprego nos primeiros 5 anos da actividade e que reciba axudas para o establecemento de negocios e residentes. Vir a vivir aquí debería estar subvencionado, con axudas especificas para o alugueiro ou a compra de vivendas (sempre de caracter individual, fuxindo da especulación) e cun réxime especifico en materia medioambiental (hai moito que protexer, por de pronto a vida humana dos residentes en todos os eidos da vida diaria).

E falo dunha medida temporal. Unha Zona Franca por 50 anos, cunha idea clara de revertir unha situación e que desparecería paulatinamente despois de pasado este tempo e cunha bisbarra que crease emprego, que gañase poboación e xerase economías viables e de futuro.

A Zona Franca que plantexo se parece máis a Mónaco que a Vigo, xa o sei. Pero non ser conscientes do desesperado da situación só nos sitúa a altura do que se pregunta por que todo o mundo vai en dirección contraria cando o único que o fai é el.

Esta utopía é algo novo. Unha especie de imaxinaria “por escalas” na que é posible que algo teña probeito pero onde os máximos que a min me gustarían non son posibles. Xa, xa sei, coma sempre os “realistas” viran dicir que si soño esperto, que si estou “flipado” ou outras variantes do de sempre, sen advertir que os únicos anclados en ideas e partidos do XVIII son eles, establecendo límites que non existen. Criticando ao que se afoga por coller un salvavidas azul antes que un vermello (ou cunha estrella vermella no centro).

O paisano afoga, idiotas. E o paisano sodes vós. Espabilade.

OUTROS ARTIGOS DE JOSÉ LUÍS LOUZÁN

DE QUE ESTAMOS FALANDO...

INFORMES SOCIOECONÓMICOS DE JOSÉ LUÍS LOUZÁN

Comentarios