Exercicio de democracia
11:20 16/02/11
Veñen de celebrarse este pasado xoves as votacións que decidiron a composición da asemblea da Federación Galega de Fútbol, o órgano representativo máximo do noso deporte, que en posteriores datas tomará a importante decisión de nomear ó presidente que rexerá os destinos do fútbol galego os próximos catro anos. O complexo procedemento electoral iniciouse así, e vistos os primeiros resultados, non nos queda mais que felicitarnos polos ámbitos costeiros. Dende a xa lonxana presenza do ben querido dirixente baies Xulio Díaz, a Costa non contara con voz dentro da Federación, si exceptuamos a presenza dos clubs de categoría nacional Santa Comba e Bergantiños, que tiñan praza pola súa presenza na Terceira División. Escasa representación, e ben alonxada dos problemas de base que sufre o noso fútbol, centrados nas categorías de 2ª e 3ª autonómica.
Antes de facer ningunha valoración persoal, paso a enumerar os concluíntes datos:
- No que respecta a clubs, os dous máis votados na zona que comprende a cidade da Coruña, as Mariñas e a Costa, foron o U.C.Cee e o Soneira. Saen con posto na Asemblea tamén o Ponteceso, o Baio, a Esteirana e o Muxía. Un total de 6 clubs que defenderan os intereses costeiros.
- En canto a xogadores o dato tamén é importante: o máis votado foi Alberto Felipez Ventureira, REPI, seguido do fisterrán NOÉ, xogador do Cerceda. En cuarto lugar atopamos a IVAN PEQUEÑO, xogador do Dumbría. De un total de 6 postos, a Costa conta con tres distinguidos representantes.
- Manuel Varela ([email protected]).
Máis novas
- Crónica de Alberto Pose: Momento para a asociación de clubs da Costa.
- Outros artigos de Manuel Varela.
Máis información
Novas relacionadas
- Xuvenil Sur: O Santa Comba celebra o seu título.
- Xuvenil Norte: O Corme prepara a festa do Cairo.
- Os segredos máis íntimos dos xogadores do Camariñas.
- 3ª Autonómica: Trío de cabeza empatado e destacado.
- 2ª Autonómica: Máis claridade por arriba e por abaixo na Liga da Costa.
- 1ª Autonómica: O Cee crese o seu papel.
- Preferente: Un punto menos para a salvación.
- Resultados da fin de semana no fútbol costeiro.
- As outras pelotas dos xogadores do Camariñas.
- O San Lorenzo quita a roupa.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).