Venres. 17.05.2024
El tiempo

3ª Autonómica: Trío de cabeza empatado e destacado

3ª Autonómica: Trío de cabeza empatado e destacado
Nantón, Mazaricos e Corcubión afiánzanse como firmes candidatos ao ascenso trala disputa da xornada 23. O tropezo do Cerqueda ante o Coristanco, deixa ao grupo formado por estes dous equipos emais o Cabana, a 7 puntos do grupo de cabeza. E iso que o Nantón non pasba do empate ante o Outes, un deses equipos que vai ser xuiz e parte no treito final da campaña. Corcubión e Mazaricos non perdoaban en Lira e Alcaián e o ascenso parece cousa de 3.

Lira - Corcubión (0-2)

  • LIRA: Romaní, Pelexo, Chindo, Toni, Boni, Dani, Marco Antonio, Suso Patachín (Juan, min.70), Javi de Baño (Suso Perico, min.50), Víctor (Pepiño, min.60) e Ancho.
  • CORCUBIÓN: Cristian, Carlos, Manuel Cartamil, Chisco, Valucho, José (Pablo, min.74), Sergio Manín, Alán (Gabriel, min.80), Estrella, Mario e Lourido (Munitis, min.60).
  • Goles: 0-1, min.42: Lourido; 0-2, min.67: Sergio Manín.
Partido igualado ata o gol de Lourido. O Lira veuse abaixo fisicamente na segunda metade e apenas xerou ocasións de gol. Sergio Manín viu a su quinta amarela e non estará ante o Mazaricos.

Independiente de Carballo - Cabana (1-1)

  • INDEPENDIENTE: Noé, Manuel, Suso, Dani, Toni, Iván Lorenzo (Iván Vilanova, min.75), Míchel, Rubén, Panuchi, David e Cholo.
  • CABANA: Toni, Rubén, Alfredo, Marcos, Eloi, Sandro, Josiño, Rubén Rama, Jacobo (Darío, min.69), Suso Docampo e Adán.
  • Goles: 1-0, min.65: Cholo; 1-1, min.85: Adán.
  • Expulsión: O local Cholo (min.78) por dobre cartón amarelo.
Acabou o Independiente coas poucas opcións de ascenso dos cabaneses. O partido tivo pouco ritmo, os visitantes tiveron máis posesión do balón, pero os carballeses ben replegados non pasaron apuros en defensa.

Laxe - Corcoesto (3-2)

  • LAXE: Jacobo, López, Oscar, Antonio, Dani, Rubén (Lolo, min.46), Felipe (Zurich, min.65), Adán (Antonio Castro, min.65), Mandi, Samuel e Anxo.
  • CORCOESTO: Siro, Pepe, Germán, Rivera, Manuel, Roi, Luís, Javi, Lista, Rodri e Pichón (Miguel, min.60)
  • Goles: 1-0, min.5: Mandi; 2-0, min.15: Samuel; 3-0, min.20: Anxo; 3-1, min.48: Rodri; 3-2, min.70: Miguel.
Unha parte para cada equipo. Moi ben os locais na primeira e os visitantes melloraron moito na segunda, mesmo tiveron unha boa ocasión para o empate nos minutos finais.

Outes - Nantón (2-2)

  • OUTES: Moncho, Alvaro, Primo, Saúl, Arturo, Lass (Fabio, min.61), Martín, Pesco (Sergio, min.86), Deivi, Qui ne Marico (Pitu, min.81)
  • NANTÓN: Martin, Diego, Cristian, Felix, Sito, Carlos Vidal, Fabio, Amado, Luís, Manolo e Manu (Ruben, min.77)
  • Goles: 0-1, min.45+1: Manolo; 1-1, min.54: Deivi; 1-2, min.70: Luís, de penalti; 2-2, min.72: Deivi.
  • Expulsión: O visitante Fabio (min.67) por dobre cartón amarelo.
Partido con moita intensidade e vibrante onde o Outes saíu moi motivado e coas ideas moi claras e un Nantón tranquilo esperando a que pasara a investida inicial dos locais. O dominio do balón foi de color blanquinegro, pero a este Nantón fai falta algo máis para meterlle man. No primeiro acto apenas houbo ocasións claras de gol, só a balón parado parecía que algún dos dous equipos podería marcar. No último minuto desta metade, Manolo rematou un centro de Manu a gol adiantando ao equipo cabanés. Na segunda metade, e nada máis empezar, o Outes tivo unha boa oportunidade para acadar o empate nunha falta ao borde da área, pero o balón foise alto. Pouco tempo despois, empatarían os locais cunha xogada moi similar a do gol do Nantón. A mediados deste período, o arbitro expulsou a Fabio por dobre cartón amarelo, poñéndoselle o partido moi costa arriba aos visitantes, pero estes con moito sacrificio, apenas se lle notou a expulsión e aínda se adiantaron por medio dun penalti. Pouco lle durou a alegría, xa que pouco despois empatarían os locais nunha xogada moi protestada xa que no comezo desta fixéranlle falta ao porteiro visitante que o arbitro non pitou e ademais o remate de gol foi coa man. De aquí ao final, puideron marcar os dous equipos, primeiro o Outes nunha xogada na que Félix sacou o balón case na liña de gol, e case ao final, o Nantón cun tiro de Amado que bateu no longueiro e outro disparo de Luís que detivo ben o porteiro local.

Atl. Pereiriña - Xaviña (4-0)

  • ATL. PEREIRIÑA Andrés, Serxio, Mario, Alvaro, Javichu, Adán, Mario (Víctor, min.72), Morcillo, Villar, Javi Marroco (Grille, min.80) e Alex.
  • XAVIÑA: Juan, Chiri, Sergio, Jallejo, Maik, Carlitos (Adrián, min.46), Búa, Chapu, David (Jonathan), Dani e Elvis (Fran)
  • Goles: 1-0, min.8: Mario; 2-0, min.20: Alex; 3-0, min.40: Javi Marroco; 4-0, min.60: Mario, de falta.
Cómodo triunfo para os ceenses ante un Xaviña que esta a ter moitos problemas para acabar a tempada. I é que trala marcha do ex adestrador Iago ao Porteño, xa son varios os futbolistas que deixan a disciplina xaviñá. Duro traballo terá que facer o míster Eugenio de aquí ao final de campaña.

Muros B - Muxía (3-1)

  • MUROS B: Iago, Paky, Canote, Yeray, Etxeba, Ramonsiño, Mingos, Pedro de Nieto (Casco, min.50), Pardelo, Pesco e Ivi (Piru, min.60)
  • MUXÍA: Angel Luís, Dani (Carliños, min.65), Josiño, José Antonio, Chori (Peski, min.30), Alvaro, Papi, Chans, Oscar Canario, Dimas Leivinha e David
  • Goles: 0-1, min.25: Dimas; 1-1, min.30: Pardelo; 2-1, min.65: Pesco; 3-1, min.73: Pesco.
Pese a adiantarse no marcador o Muxía non xogou un bo partido e no segundo tempo estivo a mercé do filial muradán. Pardelo igualou tras una gran asistencia de Pardelo, mentres que os tantos de Pesco chegaron tras dous bos desmarques do ex da Esteirana.

Cerqueda - Coristanco (0-3)

  • CERQUEDA: Fredi, Nión, Javi, Rober (Gabri, min.70), Dani, Santi, Josiño (Dani Añón, min.50), Alberto, Alex (Che, min.85), Lorenzo (Garrido, min.80) e You (Carlos, min.46)
  • CORISTANCO: Gonzalo, Luís, Oscar, Germán, Marcos, Fran Fariña (Arantón, min.62), Carlos (Iván, min.83), Mallón (Palermo, min.70), Benitez, Gustavo (Pazos, min.65) e Toniño (Pistolas, min.80)
  • Gol: 0-1, min.33: Marcos, de falta directa; 0-2, min.45: Gustavo; 0-3, min.51: Toniño.
O Coristanco acabou con boa parte das opcións de ascenso do Cerqueda. O Cerqueda saíu ben na primeira metade, tendo o balón e levando o peso do encontro, pero os visitantes foron moi efectivos, primeiro cun lanzamento de falta e logo Gustavo cunha vaselina ao poerteiro case que sentenciaron o choque. Na segunda metade o Cerqueda foise con todo na busca de recortar distancias e os coristanqueses aproveitáronse para marcar un gol máis e puideron ser algún máis.

Alcaián - Mazaricos (1-4)

  • ALCAIÁN: Herrera, Luisito, Diego (Iván Souto, min.46), Dani; Víctor, Iván Castro, Portillo (París, min.50), Pío, Toñito (Javito, min.80), César (Fabio, min.46) e Pablo Framil.
  • MAZARICOS: Gómez, Casais, Ramón, Oscar, Chico, Martín, Matías (Tuco, min.80), Brais, Estéfano (Rodrigo, min.65), José Ángel (Aldo, min.60) e Kevin.
  • Goles: 0-1, min.20: José Ángel; 0-2, min.25: Kevin; 0-3, min.30: Óscar; 1-3, min.46: Fabio; 1-4, min.88: Kevin.
Non se deixou sorprender o Mazaricos por un rival moi incómodo no seu campo e saíu moi serio, froito disto foi a sentencia do choque a media hora. Un gol de Fabio nada máis saír do vestiario creou un pouco de dúbidas nos do Pino do Val que se recuperaron e non acabaron pasando apuros.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Colabora Miguel de Lira e Martín Suárez.
  • Fotos do Lira- Corcubión de Miguel de Lira.

Comentarios