Venres. 17.05.2024
El tiempo

Xuvenil Norte: O Corme prepara a festa do Cairo

Xuvenil Norte: O Corme prepara a festa do Cairo

Tremenda a festa que está a preparar o pobo de Corme para o vindeiro sábado. I é que o sábado visita o Cairo o Coristanco, 9º clasificado desta Liga Xuvenil Norte, que parece que vai ser un mero espectador se a máquina cormelá non falla. Camisetas, pancartas, bandeirolas, churrasco... o Cairo vestirase de gala para recibir a estes pequenos heroes, que procucarán gañar para festexar o título de Liga.

E todo a unha xornada para o final, pero é que o Dumbría B, que esta semana vencía ao Zas, descansa na última xornada e non poderá sumar.

Con esta vitoria refréndase a idea de que o pequeno venceu ao grande, e se ben polo sur o Soneira sucumbiu ante o Santa Comba, polo norte o pequeno Corme puido co gran Dumbría.

Copa de Xuvenís

Enviaba onte a Federación unha carta aos clubes da bisbarra. I é que este mesmo venres 18 de febreiro, ás 20:00h haberá unha reunión no Pavillón de Baio para programar a Copa da Costa Xuvenil 2011.
E xa saben que xa están actualizados os horarios modificados de cara a esta fin de semana.

Cabana - Corme (0-4)

  • Cabana: Sergio, Óscar, Pazos, Alex, Amable, Chucky, Paco de Marcos, Diego, Rubén, Miki, Jose. Tamén xogaron Dani, Carlos e Paxel.
  • Corme: Javi, Joshua, Chino, Pejo, Dani, Martin (Mauro, min.75), Pandi, Darío (Fran, min.80), Lucas, Juanma (Eloy, min.80) e Alejo.
  • Goles: 1-0, min.5: Pandi remata un córner botado por Alejo; 2-0, min.10: Alejo; 3-0, min.60: Alejo de falta directa; 4-0, min.80: Alejo a pase de Martín.

3 novos goles de Alejo que xa leva 35 en categoría xuvenil e non vai parar ata os 38 (que se prepare o Coristanco na ultima xornada...). Pero o encontro non tivo máis. Estivo controlado en todo momento polo conxunto cormelán, que dende o minuto 5 xa se puña por diante por medio de Pandi, que subía nun córner e abría a lata. 5 minutos despois Alejo xa comezaba co seu despligue, que continuaba a volta do descanso cun golazo de falta que fixo inútil a estirada de Sergio Aranzubía.

Bergantiños B - Ponteceso (1-1)

  • Bergantiños B: Gabriel (Buguy, min.46), Estyven (Jonathan, min.82), Adrián, Iván (Miguel, min.65), Dani Meyer, Jose, Cebey, Antonio, Eliseo (Cristian, min.85), Javi Castro (Michael, min.70), Omar.
  • Ponteceso: Anxo (Lucas, min.77), Cesar, Diego, Cotelo (recarey, min.46), Jonathan (Alberto, min.85), Iván, Valiña (Guillermo, min.60), Fabián, Puente, Pombo, Borja Varela (Diego Castro, min.77).
  • Goles: 1-0, min.47: Eliseo; 1-1, min.50: Puente de falta.
  • Expulsión: O local Cebey no min.63.

Saíu máis enchufado o equipo local na primeira metade, presionando moito no medio campo a un Ponteceso que se disponía a xogar combinativo, e dispuxeron os locais de catro ocasións moi claras por parte de Eliseo. Mesmo o árbitro non sinalou un posible penalti a favor dos locais.
Na segunda metade, a pesar de que adiantou Eliseo ó Bergantiños, dominou máis o Ponteceso e non tardou en empatar Puente cun golazo de falta directa. Logo chegou a expulsión de Cebey que fixo que o Bergan xogara con un menos durante media hora. Asi os locais replegaron as suas líneas e intentaban sair á contra cedéndolle o balón ó Ponteceso que dominaba pero sen chegar con perigo á portería local. Ó final xusto reparto de puntos, pero o Ponteceso volveu demostrar que ten garra, algo que o míster Marco leva intentando dende o comezo de campaña.

Dumbría B - Sp. Zas (2-0)

  • Dumbría B: David, Andi, Toja, Cote, Tono, Jesús, Yeray, Josiño, Duarte (Rober, min.50), Mario, Rodri.
  • Zas: Vila, Adri, Oli, Ramón, Iago, Esteban (Catalán), Rony, Capote (Kevin), Pastor (Kiko), Isma, Victor.
  • Goles: 1-0, min.20: Andi tras un corner; 2-0, min.65: Rodri.

Partidazo entre entre dous dos mellores equipos da categoría xuvenil da Costa. O Zas, no que ata 6 xogadores tiveron que ir cos maiores o domingo, prantou cara ao Dumbría e mesmo puido levar o partido. A primeira parte estivo moi igualada e disputada e tan só Andi foi quen de romper a igualada á saída dun córner.

Pero as cousas non estaban nada fáciles para os de Nando, e David tivo que empregarse a fondo, pero nin Ismael, nin Esteban, nin Capote, nin Pastor en 3 ocasións puideron empatar. Ademais, os zaense pediron un penalti que o colexiado non viu.

Coristanco - Camariñas (2-1)

  • Coristanco: Gabriel, Juan (Golpe, min.60), Pallas, Martínez, Pichel, Sergio, Pita (Gonzalo, min.70), Dani, Pose, Pazos, Alejandro (Sergio, min.65).
  • Camariñas: Álvaro, Bieito, Diango, David, Mariño, Isael, Manuel, Martín, Tajes, Cristian, Alberto.
  • Goles: 1-0, min.5: Pazos; 2-0, min.35: Pazos de penalti; 2-1, min.85: Tajes.

Partido bastante igualado sen demasiadas ocasións. Se cadra na primeira dominou máis o Coristanco, mais na segunda o Camariñas apretou pero sen acerto.

Baio - Muxía (4-2)

  • Baio: Poyo, Maikel, David, Pablo (Edgar, min.75), José Manuel, Fachal, Iván, Valentín (Rafa, min.60), Manuel (Marcos, min.70), Bieito (Canario, min.65), Martín (Cristian, min.46).
  • Muxía: Cristian, Fabián, Antonio, Fran Sambad, Martín, Julián, Pereira, Pesqui, Fran, Carliños, Iván.
  • Goles: 0-1, min.7: Iván; 0-2, min.16: Martín; 1-2, min.43: Bieito de vaselina; 2-2, min.50: Cristian; 3-2, min.60: Bieito; 4-2, min.75: Canario.
  • Expulsión: Pereira por doble cartón.

Comezou o Muxía moi forte e chegando en rápidas contras por medio de Iván e Carliños. Pero pouco a pouco foise metendo partido do equipo de Nacho, e tomando o mando. Bieito, cunha fermosa vaselina, recurtaba diferencias antes do descanso. E á volta dos vestiarios a máquina baiesa engraxou definitivamente e aí si que entraron as ocasións para darlle a volta ao marcador.

A situación máis curiosa da xornada protagonizouna Pereira, que foi expulsado, inxustamente iso si, por doble cartón e ante a estupefacta mirada de compañeiros e rivais sentou no medio do campo e quedou 10 minutos mentres sacaba as espinilleiras e protestaba.

Máis información

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios