Venres. 17.05.2024
El tiempo

Xuvenil Sur: O Santa Comba celebra o seu título

Xuvenil Sur: O Santa Comba celebra o seu título
Xa vimos o mesmo domingo como foi esa final adiantada entre Soneira e Santa Comba na que os xalleiros se proclacamaron campións da Liga Xuvenil Sur Gr. 3. O equipo xogará a fase de ascenso nunha nova demostración de que ás veces os grandes equipos non o teñen tan sinxelo, i é que esta campaña o Soneira perfilábase como un dos máis potentes equipos da categoría.

Copa de Xuvenís

Enviaba onte a Federación unha carta aos clubes da bisbarra. I é que este mesmo venres 18 de febreiro, ás 20:00h haberá unha reunión no Pavillón de Baio para programar a Copa da Costa Xuvenil 2011. E xa saben que xa están actualizados os horarios modificados de cara a esta fin de semana. E lembrade que esta Liga está patrocinada pola Discoteca Zona Zero, que este sábado terá unha suculenta oferta coas copas de Red Bull e Tequila a 2€.

Corcubión - Muros (3-1)

  • Corcubión: Abe, Chema (Zaca), Sergio, Pablo (Cristan), Marcos, Toni (Pico), Gabi, Iván, Lema, Brais, Manu (Mario).
  • Muros: Trozo Lamela, Santiago Chuvasco (Modesto), Pedriño (Óscar), Javi, Juan, Fernando, Álvaro (Santi de Pura), Jesús, Gabriel Hermida, Gabriel El Guapo, J. Domingo (Iván)
  • Goles: 0-1: Javi; 1-1: Lema; 2-1: Manu: 3-1: o meta Abelleira de penalti.
Partido difícil na primeira metade, na que o Muros se adantou no marcador por medio de Javi. Pero, 5 minutos máis tarde, Lema puxo o empate a un partido sen moitos moitos achegamentos ás dúas áreas. Na segunda metade, os dous equipos foron algo máis ao ataque pero sen ter ocasións moi claras. No minuto 22 da segunda metade, Manu o goleador do equipo de Alfonso, puxo o gol que daba a confianza ante un rival directo pola terceira praza. Tivo máis accións por medio de Brais, Lema ou o propio Manu, pero seria un penalti o que poría o 3-1 definitivo, desta ocasión o porteiro local, Abelleira, foi quen decidiu tiralo con convición aínda que case llo para o meta muradán. Ao final 3-1, un resultado que fai que o Corcubión siga na terceira praza 1 punto por riba do Cee a falta de disputar unha xornada. O Fisterra so poderá loitar pola quinta praza co Muros e o Corcubión, se gaña contra o Outes, será terceiro faga o que faga o Cee contra un Soneira que ven de perdela liga.

Dumbría – Outes (2-2)

  • Dumbría: Trillo (Aitor, min.75), Damián, Denís, Samuel, Rubén (Jose, min.50), Blanco, Martín (Dani, min.60), Israel, Martín Pérez, Koki (Rubén Fdez., 55), Marco.
  • Outes: Jona, Oscar, Piti, Juan, Chía (Rubén, min.46), David, Alfonso (Beckham, min.86), Sergio (Chesi, min.68), Edu, Pablo e Alex.
  • Goles: 1-0, min.15: Marco encarando ao porteiro; 1-1, min.20: Edu; 1-2, min.26: Edu; 2-2, min.90: Blanco á saída dun córner.
Empate no Conco nun encontro onde o equipo local foi lixeiramente superior, pero fallaron ata 3 grandes ocasións, porque segue a faltar arriba mordiente no equipo de Pablo Conde. O Outes meteuse no partido e recurtou pronto. Estivo ademais case que 60 minutos intentando empatar pero non foi ata o minuto 90 cando Blanco acadou o 2-2 á saída dun córner con todo o Outes volcado.

Mazaricos - Fisterra (4-2)

  • Mazaricos: Rubén (David, min.65), Alex, Sergiño, Oreiro, Javier, Alberto (José, min.70), Ferreiro, Cristian (Mipadre, min.75), Sandelo, Mario, Kevin (Robiño, min.60).
  • Fisterra: Crivi (Fran, min.40), Roberto, Miguel, Manuel (Eloy, min.55), Lobelos, Tati (Iski, min.75), Jorge, Juanfran (Chiqui, min.70), C. Hidalgo, Carlos, David.
  • Goles: 1-0, min.20: Kevin; 2-0, min.30: Cristian; 2-1, min.40: Carlos de penalti; 3-1, min.50: Kevin; 3-2, min.55: Carlos tras un gran pase de C. Hidalgo; 4-2, min.85: Oreiro.
  • Lesión: Crivi tivo que ir ao hospital cunha man fracturada pero que felizmente non ten que ser operada.
Primeira parte par esqencer dos fisterráns e iso que Crivi, antes de lesionarse, tivo tempo para parar un penalti. Os de Brais e Kevin puxéronse por diante cos tantos de Kevin e Cristian. Recurtaron os de Senra antes do descanso, e sairon moito máis enchufados tralo paso polos vestiarios. Así e todo, a vitoria local non perigou demasiado porque as ocasións visitantes non foron demasiado claras.

Esteirana - Cee (2-4)

  • Esteirana: Matías, Diego (Xián, min.46), Meco, Eloy, Abel, Javi, Jacobo, Bruno, Canario, Rañoa, Adrián.
  • Cee: Sergio, José Ramón, Rubén, Aitor, José Antonio (Esteban, min.46), Isma Lamela (Armando, min.60), Diego Cespón, Uri (Andrés, min.50), Santi (Chiru, min.75), Moncho.
  • Goles: 1-0, min.1: Adrián; 1-1, min.30: Santi; 1-2, min.60: José Ramón de cabeza; 2-2, min.70: Adrián; 2-3, min.80: Chiru; 2-4, min.85: Diego Cespón.
Primeiro cuarto de hora no que a Esteirana dominou ante a falta de motivación dos ceenses. A medida que foron pasaron os minutos os de José Carlos se entonaron e empataron antes do descanso. A segunda metade foi de claro cor azul pero os dianteiros non estiveron finos e Moncho, Uri e Santi fallaron varios mans a man co porteiro muradán. Chiru e Diego Cespón sentenciaron ao final.

Nova relacionadas

Patrocina esta Liga

Máis información

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios