mércores. 30.04.2025
El tiempo

Os pequearqueiros soneiráns seguen dando na diana

Os pequearqueiros soneiráns seguen dando na diana
Campionato Galego de Tiro con Arco

Seguen os arqueiros soneiráns dando candela polas pistas de tiro do país. O 16 de maio celebrouse no Campus de Elviña o Campionato Galego de Tiro con Arco ao Aire Libre para as categorías base ata cadetes. O club Dousxsetenta levou unha ampla representación nas categorías esquío, benxamín e alevín, acadando destacados resultados nas tres.

En categoría esquío feminino María Lema non tivo rivais e acadou o primeiro posto, mentres que en masculino Anxo Trillo facíase coa vitoria impoñéndose a Sergio Platas. Dylan non puido asistir xa que se está recuperando dunha lesión.

Xa en categoría benxamín feminino Paula Pérez proclamouse campiona galega tras unha dura pugna con Olivia de Arce (Sporting club Casino) á que lle gañou por dous puntos de diferencia. Non podemos pasar a ocasión de felicitala, xa que ata agora acadara dous subcampionatos e nunca se desanimou. Paula Vázquez, que ata o sábado era a actual campiona galega, acadou a terceira posición, e Marian Hermida a cuarta.

En categoría masculina Yago García proclamouse campión galego despois dunha reñida loita na que lle gañou a Nicolás Penas (club Boa Vila) por un só punto de diferencia. Samuel Blanco foi quinto; Martín Pérez, sexto; Iker García, sétimo; Samuel Vidal, oitavo; e Brais Méndez, noveno. En categoría alevín masculino Marcos Esperante realizou un espectacular campionato acadando unha máis que merecida terceira posición. Unhas molestias no brazo esquerdo na segunda tanda impediron que acabase en postos máis altos. Adrián Sampedro foi sexto; Xabier Lemus, sétimo; e José Vázquez, décimo primeiro.

En categoría feminina a nosa única representante, Laura Ramos, repite título xa que volveu facerse cunha meritoria segunda posición, tendo en conta que acudía á cita enferma e con febre. Noraboa a todos os nosos arqueiros/as. Lembrade que aquí o importante é formarse para que os éxitos cheguen no futuro.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios