Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Carballo

O Carballo Interplay escolle 16 das 200 webseries propostas para competir no certame

Gran acollida volveu a ter o 10º Carballo Interplay no mundo da creación audiovisual. 200 webseries de todo o mundo presentaron a súa candidatura para participar na sección oficial do certame. Finalmente, a organización do festival escolleu, entre as propostas chegadas de todo o mundo, un total de 3 series galegas e en galego, 1 do resto do Estado e 12 do resto do mundo (Bélxica, Australia, República Checa, Moldavia, Arxentina, Chile, Rusia, Canadá ou Brasil).

3 bloques

As webseries finalistas divídense en tres bloques distintos en base á súa temática e os seus protagonistas.

O primeiro destes tres é “Movidas Humanas” e nel atópanse cinco series cuxas tramas van dende a vida de tres mozas universitarias en Santiago de Compostela ata as historias da xente que rodea o Muiño da Seca de Cambados, pasando pola frustración dun xornalista que se especializa en sacar trapos sucios de influencers. Este bloque conta cas series “Chateau Laurier”, “Historias arredor da vida”, “Motherhoodland”, “Off The Record” e “Pringadas”.

O segundo bloque leva como título “Movidas antes dos 30” e fálanos das principais preocupacións da xeración millennial e Z. As series deste bloque son “Detention Adventure”, “Frangines”, “No, you’re stupid!”, “TBH” e “Voice Memo”.

O último bloque é “Movidas despois dos 30”, pensadas para un público máis adulto. Neste bloque poderase ver entre outras series a historia dun psicólogo australiano que ten que lidiar cas dificultades do ser humano, a dun mozo que se apunta aos Corpos de Paz estadounidenses para impresionar á súa ex e a dun pai que pasa os últimos tres días coa súa filla antes de separarse dela para sempre. Aquí poderanse ver as series “A arte de ser mal pai”, “Abracadavers”, “Fake live”, “It’s Fine, I’m Fine”, “Lost in Moldova” e “Terapia de”.

Proxecto en galego

Unha das grandes apostas do festival é o talento galego. E así se reaforma coa presencia de 12 candidaturas ao Mellor proxecto de serie web en galego, que repartirá 3.000 ao proxecto mellor valorado para poder realizala como xa fixeron ”Mentres non chova” (gañadora do premio en 2022 e que se estreará esta edición), “Pringadas” (2021) ou “Cacola” (2020).

Os nombres das webseries gañadoras coñeceranse, como cada ano, na Gala de clausura do festival, que se celebrará o sábado 1 de abril en Carballo.

Novas deste Interplay

Repaso histórico DO CARBALLO INTERPLAY

O Carballo Interplay escolle 16 das 200 webseries propostas para competir no certame