Arrinca a semana do 25 de novembro, do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. E ademais das múltiples actividades municipais (que podedes seguir na etiqueta #25N, e da campaña da Deputación, o GDR Costa da Morte, a través do seu proxecto A Costa das Mulleres (xa se abriu a conta atrás para a estrea da documental), lanza un vídeo moi interesante.
”Na Costa da Morte rompemos o silencio” fala con diferentes personalidades da comarca de Soneira nas que analizan conceptos como micromachismos, dende unha perspectiva absolutamente rural.
A Costa das Mulleres
- Josefa Carrera, ex percebeira.
- Mª Teresa Ferreira, presidenta da Asociación cultural Neira Marcos de Vimianzo.
- Dorinda Moledo, gandeira de Dumbría.
- Isabel Tomé, docente dos Muíños.
- Carmen Riveiro, mítica presidenta da Asociación dos Amigos do Liño de Zas.