Levamos tempo sen saber como está a situación, pero pouco variou a súa situación laboral no último semestre. As traballadoras do Consorcio de Igualdade e Benestar continúan “coa mesma loita”, pelexando por legalizar os seus postos de traballo tras uns 15 anos exercendo. Agora, a mesma administración que permitiu que fosen enlazando contratos temporais, é a que lles dá as costas e pretende deixalas na rúa, sen ningún dereito adquirido.
O tempo se prolonga (xa van dous anos de conflito laboral) e a negociación é cada semana máis complicada. “Estamos cada vez máis vendidas polas partes negociadoras”, denuncia Lorena Alvite, traballadora da residencia de Muros, “tanto os sindicatos do comité, como función pública; nin ao xerente do Consorcio lle importamos”, lamenta.
As súas prazas nas Galiñas Azuis, centros de día e residencias de maiores xestionados polo Consorcio, as que levan ocupando cun contrato por obra e servizo dende hai 15 anos, veñen de saír ofertadas nunha OPE, como funcionarizadas, pero sen ningún mérito que as diferencie, por iso teñen unha nova xornada de folga, convocada, coma en veces anteriores, pola CNT.
Así, convocan para este xoves 2 de xuño unha folga, con concentración ás 11:0h diante do Consorcio, e posterior caravana de coches dende o Consorcio ata San Caetano, rematando a xornada cunha concentración na porta de Presidencia.
Unha folga na que esperan ter un seguemento de máis de do 85%, como o do pasado 3 de maio.
NOVAS RELACIONADAS
- Marzo 22: As traballadoras da residencia DomusVi de Carballo mobilízanse para reclamar un convenio digno.
- Setembro 21: As traballadoras do Consorcio desconvocan a folga tras conseguir abrir unha negociación de boa fe.
- 30-07-2021: As traballadoras do Consorcio volverán á folga en setembro se non se paraliza a OPE.
- Xuño 21: O TSXG emite unha sentenza sinalando que a Xunta incorre en fraude cos interinos de longa duración.
- 11-05-21: O Consorcio IeB segue sen negociar a pesar das sentenzas que determinan a fixeza de moitas traballadoras.
- 13-04-21: As traballadoras do Consorcio levan as súas demandas laborais ao Parlamento Galego noutra xornada de folga.
- 18-03-2021: As traballadoras do Consorcio endurecen a folga e refrendan o apoio da veciñanza.
- 04-03-2021: As traballadoras do Consorcio endurecen a folga.
- 25-02-2021: Usuari@s dos Centros de Día e as Escolas Infantís amosan o seu apoio á folga das traballadoras.
- 19-02-2021: As traballadoras temporais do Consorcio valoran moi positivamente a folga a pesar dos servizos mínimos abusivos.
- Ducias de profesionais dos Centros de Día e Escoliñas da comarca póñense en folga.