Luns. 20.05.2024
El tiempo

Xuvenís: O Ponteceso dá un paso mentres Cee e As Pedreiras protagonizan unha boa batalla

Xuvenís: O Ponteceso dá un paso mentres Cee e As Pedreiras protagonizan unha boa batalla
Cee-As Pedreiras na Copa da Costa Xuvenil-Foto-Sergio Cambeiro 3 Fermosa batalla entre
Cee e As Pedreiras na Copa da Costa Xuvenil-Foto-Sergio Cambeiro 3 Mais Deporte, a tenda de Deportes de Cee Máis Deporte, a tenda de Deportes de Cee, patrocina as Ligas Xuvenís Metía un pé na final o Ponteceso tras vencer no derbi no Cairo. Así, a atención céntrarase o vindeiro domingo nas Pedreiras, onde o cadro de Verdillo e o Cee protagonizarán unha fermosa loita por meterse na final, despois do intenso partido do sábado no San Paio de Refoxos. A vindeira semana coñeceremos os finalistas, mentres Pedreiras e Xallas esperan á Fase de Ascenso.  

Cee - As Pedreiras (3-2)

Cee-As Pedreiras na Copa da Costa Xuvenil-Foto-Sergio Cambeiro Foto-Sergio Cambeiro
  • Cee: José Carlos, Borja, Senlle, Hugo, Chema, Castillo, Pablo, Jon, Imsa, Samu e Isma Márquez. Tamén: Xabi, Brais Lagoa e Carlos.
  • As Pedreiras: Benja, David, Fidalgo, Eloy, Dani, Pazos, Aarón, Alex Cotelo, Verdes, Brais Cancela e Yago. Tamén: Andrade, Rubén, Iván, Alberto e Diego.
  • Goles: 1-0, m.18: Isma Márquez; 1-1, m.42: David nun córner; 1-2, m.50: Aarón dende fóra da área; 2-2, m.65: Isma; 3-2, m.85: Isma Márquez.
Cee-As Pedreiras na Copa da Costa Xuvenil-Foto-Sergio Cambeiro 4 Foto-Sergio Cambeiro Calor tremendo no San Paio de Refoxos para acoller un dos grandes partidos da categoría, entre os dous campións da 1ª fase Norte e Sur. Un choque con moita tensión, por momentos demasiada. O cadro carballés comezaba mandando no balón ante un Cee que deixaba tocar, esperando para saír á contra, intentando aproveitar a velocidade de Samu e dos dous Isma. E nunha desas saídas chegaría o primeiro de Isma Márquez. Antes do descanso chegaría a expulsión do ceense Borja, por ameazar a un rival, e pouco despois o cadro visitante empataría. Parecía que o choque se puña costa arriba para os locais, sobre todo despois do gol de Aarón dende fóra da área. Pero non se daron por vencidos os de Carlos Pazos que se viñeron arriba. Á contra tivo o equipo de Rudi a sentenza, pero marraron un par de boas ocasións, mentres o Cee conseguíua empatar cun bo gol de Isma, e Márquez facía o 3º a piques de chegar ao final, deixando a eliminatoria de cara, pero moi aberta. O domingo ás 12:00, en Verdillo, partidazo. Cee-As Pedreiras na Copa da Costa Xuvenil-Foto-Sergio Cambeiro 4 Foto-Sergio Cambeiro  

Corme - Ponteceso (0-2)

O Ponteceso deu un paso cara ao final da Copa no Cairo
  • Corme: Lucas, Aitor, Cristian Garrido, Fran, Martín, Javi, Manu Garrido, Eloy, Samu, Manu Bermúdez e Manu Tasende. Tamén: Noel, Diego, Ángel, Anxo e Roque.
  • Ponteceso: Damián, Luca, Iván Cousillas, Samuel, Jorge, Ismail, Eloy, Aarón, Iván Rod., Aday e Loureiro. Tamén: Brais, Víctor, Lucas, Pop e Arturo.
  • Goles: 0-1, m.34: Eloy tras unha boa xogada individual; 0-2, m.57: Eloy de penalti cometido sobre el.
Derbi típico no Caito, moi reñido, moi intenso, sen demasiado fútbol, sen control para ningún dos dous equipos e con poucas ocasións de gol. Había demasiada tensión e ningún dos dous equipos conseguiron realizar o seu fútbol. Nunha das poucas xogadas perigosas, decidiu a calidade de Eloy que entrou por banda, levou a dous rivais e se prantou diante de Lucas para abrir o marcador. Comezaba a segunda metade cun cadro pontecesán algo máis mandón, ante un Corme que parecía acusar o esforzo do primeiro tempo e o calor. O cadro visitante saía dende atrás e puido marcar pronto o segundo noutra xogada na que Eloy provocaba un penalti que el mesmo transformaba. Foise arriba o Corme na procura de recurtar o marcador, e tanto puido chegar o 1-2 como a sentenza. Así e todo, a eliminatoria queda de cara para o equipo de Gurita.  

Novas relacionadas

Crónicas das Ligas Xuvenís

 

Máis información

Comentarios