Luns. 20.05.2024
El tiempo

Xuvenís: Ponteceso e Cee medirán forzas en Fontenla

Xuvenís: Ponteceso e Cee medirán forzas en Fontenla
Cee e As Pedreiras no partido de ida-Foto-Sergio Cambeiro 2 Cee e As Pedreiras, no partido de ida, protagonizaron unha fermosa eliminatoria copeira-Foto-Sergio Cambeiro Mais Deporte, a tenda de Deportes de Cee Máis Deporte, a tenda de Deportes de Cee, patrocina as Ligas Xuvenís

Xa temos finalísima desta Copa da Costa Xuvenil 2017. O campo xalleiro de Fontenla acollerá este vindeiro sábado 6 de maio, ás 18:00h, unha das festas do fútbol base costeiro. O Ponteceso sufría para manter a vantaxe sobre un Corme que o deu todo, e se mete por segundo ano consecutivo na final. O ano pasado caía co Xallas nunha de clara cor verde, e este ano terán que poñer branco sobre azul se queren alzar a Copa.

Noutra eliminatoria igualadísima, o Cee puido co poderoso San Lorenzo, o doble campión deste curso. Noutro partido de tremenda tensión, os ceenses metéronse na finalísima.

Sabedes que os resultados das competición copeiras o poñemos sempre nada máis rematar os partidos en www.copadacosta.com.  

Ponteceso* - Corme (1-2)

Ponteceso xuvenil na final da Copa da Costa O Ponteceso xa está na final da Copa da Costa xuvenil
  • Ponteceso: Damián, Brais Ceán, Iván Cousillas, Samu, Jorge, Luca, Aarón, Eloy, Iván Rod., Aday e Loureiro. Tamén: Ismail, Víctor, Lucas, Pop e Arturo.
  • Corme: Lucas, Cristian Garrido, Ángel, Aitor, Fran, Eloy Villar, Manu Bermúdez, Bruno, Samu, Manu Garrido e Manu Tasende. Tamén: Roque, Martín, Noel, Diego e Javi Bermúdez.
  • Goles: 0-1, m.57: Manu Bermúdez; 0-2, m.62: Manu Bermúdez; 1-2, m.86: Iván Rodríguez.
  • Expulsión: Iván Cousillas (m.88)

Co 0-2 da ida, chegaba o Ponteceso con clara vantaxe a esta volta das semis da #CopadaCosta Xuvenil. Pero o Corme non deu a eliminatoria por perdida en ningún momento e rozou a final durante moitos minutos. Comezaba o derbi con demasiado respecto, sen demasiado xogo e poucas ocasións pero era o Corme o que tiña máis intención ante un Ponteceso que non daba aparecido polo Pinguel.

Peor saíu o cadro local na segunda, o que aproveitou o Corme para vir arriba. En dúas faltas laterais aparecía o capitán Manu Bermúdez para meter dous tantos practicamente consecutivos que provocarían a prórroga. E aí tivo o Corme un man a man que puido ser o terceiro. Pero foi Damián o que fixo un paradón que vale unha final.

Gurita meteu varios cambios e o cadro pontecesán recuperou o control do partido nos últimos 15 minutos. Conseguía marcar Iván Rodríguez a falta de 4 minutos para o final facendo que o resultado fose o máis positivo do partido para os locais, e deixando aos cormeláns coa mel nos beizos despois do gran partido realizado no campo do eterno rival.

 

As Pedreiras - Cee* (1-2)

  • As Pedreiras: Benja, David Lorenzo, Fidalgo, Eloy, Dani Cotelo, Pazos, Aarón, Iván, Alex, Brais Cancela, e Yago. Tamén: Dani Andrade, Rubén, Alex Cotelo, Alberto e Diego.
  • Cee: Carlos, Alex Agulleiro, Rubén Senlle, Hugo, Chema, Rubén Castillo, Pablo, Jon, Isma, Santi, Isma Márquez. Tamén: Xabi, Brais Lagoa, Xavi, Adri e José Carlos.
  • Goles: 0-1, m.60: Hugo dende o borde da área; 0-2, m.68: Isma; 1-2, m.86: David Lorenzo.
  • Expulsión: José Carlos (m.78).
Cee e As Pedreiras no partido de ida-Foto-Sergio Cambeiro Cee e As Pedreiras no partido de ida-Foto-Sergio Cambeiro

Chegaba o choque tremendamente igualado a Verdillo tralo 3-2 da ida a favor dos ceeses. Pero nada estaba visto para sentenza. Chovía e facía frío, e os que mellor se adaptaron foron os carballeses, que comezaron dominando os primeiros 45 minutos con rotundidade. Tiveron varias ocasións para abrir o marcador pero non entrou.

Comezaba a segunda metade co mesmo guión pero o Cee era quen de chegar xa á meta rival. En dúas chegadas, un tiro lonxano de Hugo abría o marcador. Tocáballe arriscar aos de Rudi, que se achegaron á meta de Carlos e a piques estiveron de conseguir o empate, pero nunha contra de Isma, o Cee metía unha vantaxe que practicamente senteciaba a eliminatoria.

Xa no treito final, co Cee facendo dano á contra, chegaría a balón parado o único gol para uns carballeses que xa pensan unicamente na Fase de Ascenso.

  O cadro da Copa da Costa sempre actualizado en www.copadacosta.com O cadro da Copa da Costa sempre actualizado en www.copadacosta.com  

Novas relacionadas

Crónicas das Ligas Xuvenís

 

Máis información

Comentarios