“Agardamos recuperar a Vaca de Fisterra para escoitala en Sicixia”


Deixou moitos detalles a presentación do comezo da rodaxe do filme Sicixia na Costa da Morte. A lonxa de Fisterra recibía aos artistas de Vía Láctea Filmes, entres eles o director Ignacio Vilar, así como os actores principais, Monti Castiñeiras, e a fisterrá Marta Lado.
Xa nos contou Vilar que “Sicixia é unha película para escoitar a vida da Costa da Morte”. De aó que un dos detalles que nos deixara a rolda sexa moi interesante. A Vaca de Fisterra volverá soar, pois o peculiar son é fundamental para relación entre Olalla (Marta Lado) e Xiao (Monti Castiñeiras).
O propio director recoñeceu que este filme ten xa 25 anos, pois aquela viaxe que fixera de 10 pola nosa bisbarra marcouno. “O que me transmitiu a natureza foi o que o empurrou a facer unha película nesta zona. Quero recoller os sons e os acentos da Costa da Morte. Encántanme o Monte Pindo, a Pedra do Abalar e a Furna da Buserana. Aspiro a que esta película sirva a todos os galegos e galegas a coñecer e valorar o noso patrimonio”, apuntou o director.
Atención especial témoslle que dar á actriz fisterrá Marta Lado. “Estou orgullosa de aportar os referentes principais da Costa da Morte á película”. Ademais, o filme estalle servindo para coñecer aínda máis a súa terra. “O equipo estame esinando a valorar os pequenos detalles desta costa que se me escapaban… Fiquei moi contenta ter a ocasión de ver como é a pesca do Cerco, xa que nunca pensara que o seu traballo fora tan duro, e agora valora moito máis a todos os mariñeiros”.

O filme, nas grandes salas
Falou Jacobo Sutir, director da AGADIC, entidade pública que decidiu apoiar este proxecto fundamentalmente polo guión e as localizacións escollidas e non teñen dúbida de que será un éxito e levará a Costa da Morte por todo o mundo. Asegurou que Agadic levará o filme a todos os Concellos, pero tamén asegurou que estará en todos os cines comerciais de Galicia, moi especialmente ao de Cee. “Se o filme aguanta ou non na carteleira dependerá de un pouco se a película gusta ou non”, destacou.
A concelleira Teresa Fdez. valorou que os ”veciños de Fisterra están moi contentos de ter o equipo na vila por esas charlas pola rúas e nas tabernas”, e sabe que este filme traerá turismo á zona, nunha idea semellante á teniente alcalde de Camariñas, Sandra Insua, que valora que o son das palilleiras tamén forme parte do filme.

Máis información
Novas cinematográficas
- A Costa da Morte ponse de longo para acoller a rodaxe do filme Sicixia.
- Nacho Vilar: “Sicixia é unha película para escoitar a vida da Costa da Morte”.
- Comeza a rodaxe do filme Sicixia, no que a Costa da Morte é protagonista
- Almódovar roda escenas de “Silencio” na Virxe da Barca.
- Almodóvar, buscando localizacións pola Costa da Morte
- Os Fenómenos, outro filme de produción galega con participación costeira.
- A Esmorga, no Top 10 da carteleira a nivel estatal.
- Os Crebisnky de Miguel de Lira triunfan nos Mestre Mateo.
- A Costa da Morte de Lois Patiño prepara a carreira polos Goya.
- O filme Costa da Morte, Premio Especial 2015 dos Premios Feroz.
- Unha documental de percebes e boulder.
- Illados, unha nova documental sobre a idiosincrasia da Costa da Morte.
- Un solpor peregrino ao son do chelo.
- As mellores webseries de España, premiadas no Carballo Interplay.
- Unha historia de Cráneos e Ósos na DeadCoast.
- Sicixia, a primeira película que se rodará integramente na Costa da Morte.
- “The Way” tamén chega á Costa .
- “A Mariñeira” enche os cines de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)