Avanza a tramitación do P.E. Monteagudo

Non hai semana que non coñezamos un novo proxecto eólico na Costa da Morte, que nin as entidades medioambientais dan feito para analizar cada un.
Desta volta é o Concello da Laracha o que informa á veciñanza de que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica o anuncio da Xunta polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial do parque eólico Monteagudo que afecta a territorio dos municipios da Laracha, Arteixo e Carballo.
Un parque, promovido por Elolicos Breogán-Acciona que, xa coñecimos o pasado marzo de 2021, pero que deu un paso adiante para a instalación de cinco aeroxeneradores, un deles na parroquia larachesa de Lendo.
A documentación completa está dispoñible nesta ligazón ao portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.
O prazo para presentar alegacións ou observacións é de 30 días.
Novas relacionadas
- P.E. Carboeiro: Outros xigantes que ameazan á parroquia larachesa de Erboeiro.
- O Concello da Laracha tamén presenta alegacións contra o Parque Eólico Coto Loureiro.
- Xan Fdez. Carrera: Recuperemos o Monte Neme.
- A lamentable batalla da Comunidade de Montes do Ézaro coas empresas eólicas... e a Xustiza.
- P.E. Coto Loureiro: 14 aereoxeneradores sobre A Laracha.
- 4-12-2021: A Xunta confirma que o 30% de Galicia quedará afectada polos eólicos.
- INFORME: O novo impulso eólico propón máis de 40 novos proxectos na Costa da Morte.