Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Os Concellos da Laracha e Carballo presentan alegacións aos Parques Eólicos Pedra Queimada e Monteagudo

Plano Xeral Parque Eolico-PE Monteagudo copia
Mapa do Parque Eólico Monteagudo
Os Concellos da Laracha e Carballo presentan alegacións aos Parques Eólicos Pedra Queimada e Monteagudo

Semella que os Concellos van movendo ficha ante o escuro mundo dos eólicos. Hoxe recollemos dous dos concellos que presentan alegacións directamente a varios proxectos, como son os de Monteagudo e Pedra Queimada.

O Concello de Carballo presenta alegacións ao proxecto do parque eólico de Monteagudo

Xa o fixo A Laracha ao completo, e desta volta será o Concello de Carballo o que tamén presentará alegacións ao proxecto, que preve instalar 4 aereoxeneradores en territorio carballés. Consideran que “no proxecto sectorial exponse erroneamente que todas as infraestruturas do parque eólico quedan fóra da zona delimitada polo Plan de Ordenación do Litoral (POL), xa que un aeroxerador estaría dentro do ámbito do POL”. Tampouco se recolle no documento que está a tramitar a Xunta a existencia dunha vivenda situada a 497 metros dun aeroxerador, cando, segundo a lei, a distancia mínima debe ser de 500 metros.

Laracha e Pedra Queimada

 

O Concello de Carballo tamén vén de emitir un informe sobre o proxecto do Parque Eólico Pedraqueimada, pois só lles afecta na subestación. Pero o que si xa anunciou que vai presentar alegacións é o Concello da Laracha, que mantén a mesma postura que co proxectos dos parques eólicos Carboeiro, Monteagudo e Coto Loureiro.

Un dos viraventos do proxcto está situado preto do núcleo de Alvite (Caión) e, o outro en Arteixo, na parroquia de Monteagudo. O Concello oponse ao proxecto tanto por estar o aeroxenerador previsto en territorio larachés moi preto de núcleos de poboación rural (Alvite, Xermaña, O Outeiro, Goxán e O Campo da Costa) como polo seu negativo impacto paisaxístico e medioambiental, xa que a ubicación é próxima ao litoral de Caión e sería moi visible desde a liña da costa.
Ademais, tendo en conta a aparición concorrente de parques eólicos en zonas moi próximas -como é o caso do de Pedra Queimada e o de Monteagudo, tamén en fase de tramitación-, o Concello intúe que podería terse fragmentado un proxecto inicial único coa intención de que os dous parques se sometan a unha avaliación simplificada e, así, non ter que afrontar unha común, máis complexa e que presentaría maiores dificultades para superar o impacto que tería no territorio e na poboación.

O proxecto do parque eólico Pedra Queimada estará ata o 17 de agosto en exposición pública, data ata que calquera particular poderá sumarse á iniciativa do Concello da Laracha e presentar as correspondentes alegacións.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios