A Laracha e Arteixo únense para presentar recursos de alzada contra o parque eólico de Carboeiro
Co fin de evitar que continúa a tramitación administrativa do parque eólico de Carboeiro, os alcaldes da Laracha e de Arteixo, José Manuel López Varela e Carlos Calvelo, acompañados por técnicos municipais de ambos municipios, mantiveron onte unha reunión na Casa do Concello da Laracha para analizar, estudar e consensuar as medidas a tomar.
Ambos Concellos presentarán sendos recursos de alzada, nos mesmos termos, contra a resolución da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático -publicada no DOG o pasado 28 de agosto- pola que se outorga a autorización administrativa para a construción das instalacións relativas ao citado proxecto.
No caso de que non prosperase dito recurso de alzada no sentido que solicitan ambas administracións locais, valorarase interpoñer un recurso contencioso-administrativo. Segundo indican dene o consistorio, no caso do Concello da Laracha, o parque eólico Carboeiro prevé a instalación de aeroxeneradores na zona alta da parroquia de Erboedo, sendo os núcleos
de poboación máis próximos os da Portela e Vilarmaior. O Concello xa presentara alegacións durante o período de exposición pública.