Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O BNG da Laracha tamén presenta alegacións ao P.E. de Carboeiro pola súa afectación ao Menhir de Erboedo

Menhir de Erboedo na Laracha
Menhir de Erboedo na Laracha
O BNG da Laracha tamén presenta alegacións ao P.E. de Carboeiro pola súa afectación ao Menhir de Erboedo

Coñecíamos a semana pasada as afectacións máis importantes que o Parque Eólico de Carboeiro terá sobre a parroquia de Erboeiro, na Laracha. E xa, o BNG da Laracha anuncia que presentará alegacións deixando claro que non pode ser que algúns lugares como os da Portela, Vilarmaior e Camporreal se atopan a unha distancia de menos de 1 km dalgún dos muíños. No radio de menos de 2 kms de distancia dos aeroxeneradores son moitos os lugares afectados, nas parroquias de Erboedo e Soandres (A Millarada, Vista Alegre, Condesuso, Borreiros…).

Ademais, denuncian que durante a construción o parque tería unha “importante afección medioambiental, sobre o patrimonio e sobre os recursos hídricos”. En canto ao patrimonio, cómpre destacar un elemento importante como é o Marco da Anta" ou "Menhir de Erboedo”, un dos nosos Recunchos da Costa favoritos, situado na parroquia de Erboedo (no límite co veciño concello de Arteixo), que forma parte do plano de recuperación posta en valor do patrimonio histórico-natural aprobado polo concello da Laracha e que ademais o propio concello propuxo a súa inclusión no catálogo do <“a href=https://www.quepasanacosta.gal/articulo/ponteceso/pondal-fainos-reflexionar-potencial-do-parque-do-megalitismo/20210618131243127894.html>Parque do Megalitismo da Costa da Morte”.

Novas relacionadas

Comentarios