Sábado. 12.10.2024
El tiempo

A xustiza tamén tomba o Parque Eólico de Monteagudo, entre Baldaio e Caión

Mapa Parque Eolico Monteagudo Baldaio e Caion
Mapa Parque Eolico Monteagudo, entre Baldaio e Caión
A xustiza tamén tomba o Parque Eólico de Monteagudo, entre Baldaio e Caión

A Xustiza estase a encargar de demostrar que as presas da Xunta para aprobar a marea de parques eólicos, aproveitando a Lei de promoción industrial foi unha responsabilidade. Xa son 130 autos relativos a solicitudes de suspensión de autorizacións administrativas previas e de construción de 64 parques eólicos, dos cales 59 foron suspendidos.

Esta semana, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acordou a suspensión cautelar de sete parques eólicos -Serra de Liñares, Serra da Piñeira, Paraño Oeste, San Cristovo, Neboada, Monteagudo e Suime-.

En canto ao parque eólico Monteagudo, situado nos concellos de Arteixo, A Laracha e Carballo, entre Baldaio e Caión, o alto tribunal galego entende que tamén se probou indiciariamente “a afección por proximidade a espazos de gran valor natural e paisaxístico”.

Un proxecto contra o que se uniron os Concellos de Carballo, A Laracha e mesmo Arteixo, pois ata tiña unha avaliación de impacto ambiental que era un cutre “corta e pega”.

Máis novas

Comentarios