Domingo. 06.10.2024
El tiempo

As pensións de Corcubión son as máis altas da Costa da Morte

As pensións de Corcubión son as máis altas da Costa da Morte
O importe medio das pensions en Corcubion durante o ano 2015 foi de 878,46 euros O importe medio das pensions en Corcubion durante o ano 2015 foi de 878,46 euros. Fonte: IGE A emigración, a alta porcentaxe de funcionarios empadroados e o reducido número de pensionistas (384) son os principais indicadores que convirten a Corcubión no concello da Costa da Morte co importe medio das pensións máis alto. Así, durante o 2015 os xubilados de Corcubión cobraron un promedio de 878,46€. Segundo se desprende do último estudo sobre as pensións da Seguridade Social do Instituto Galego de Estatística (IGE), a cifra é algo superior á media galega que se sitúa nos 863,61 euros. No caso contrario están os concellos de Zas, Vimianzo e Cabana de Bergantiños onde as pensións son de 623,32€, 625,89€ e 643,72€ respectivamente. Precisamente, nestes concellos predomina - e predominou durante anos  - o réxime agrario cunha das pensións máis baixas da Seguridade Social. Na Costa da Morte as mulleres xubiladas cobran unha media de 172 euros menos ca os homes Na Costa da Morte as mulleres xubiladas cobran unha media de 172 euros menos ca os homes Un dato común en todos os concellos da Costa da Morte é o importe medio por sexos, onde se observa que os homes teñen importes medios superiores ás mulleres. A maior diferenza dáse, de novo, no concello de Corcubión onde os xubilados cobran 352€ máis que as xubiladas. As cifras están máis igualadas en Zas xa que a diferencia da pensión dos homes con respecto á das mulleres é de 50€. O maior número de xubilados concentrase no concello de Carballo, onde no 2015 houbo un total de 7.039 pensionistas (3.653 homes e 3.386 mulleres). Na capital de Bergantiños, o importe medio das pensións foi de 706,16€. Datos en Galicia No ano 2015, en Galicia houbo un total de 656.094 persoas que percibiron pensións contributivas da Seguridade Social, das cales o 50% son mulleres. O 79,1% das persoas que percibiron pensións contributivas teñen 65 ou máis anos. O grupo de idade máis frecuente é o de 65 a 74 anos, tanto no caso dos homes - 127.146 persoas - como no das mulleres - 101.704 persoas -. O importe medio calcúlase como a media da suma dos importes percibidos en pensións contributivas da Seguridade Social por cada pensionista. En Galicia, no ano 2015, este importe situouse en 863,61 euros, e no caso dos homes é un 37,5% superior ao das mulleres. Ao comparar o importe medio segundo o sexo e a idade do pensionista pode observarse que os homes teñen importes medios superiores ás mulleres en todos os grupos de idade. Ademais os importes maiores, tanto para homes como para mulleres, atópanse nos grupos de idade intermedios, é dicir, de 55 a 64 anos e de 65 a 74 anos. Nestes dous grupos de idade o importe medio dos homes é un 46,2% e un 44,8% respectivamente superior ao das mulleres. O importe medio nas provincias da Coruña e Pontevedra é superior ao importe medio de Galicia (863,61 euros), e en ambas as dúas provincias supera os 850 euros. O importe medio alcanza o valor máis baixo na provincia de Ourense, onde non acada os 760 euros.

O número de pensionistas en Galicia medrou un 3,4% no período 2011-2015. A provincia na que máis medrou o número de pensionistas foi Pontevedra, na que o incremento é do 5,7% no período, mentres que na provincia de Lugo descenden lixeiramente.

Metodoloxía Os datos que se presentan neste estudo do IGE son relativos ao colectivo de titulares de pensións contributivas do sistema da Seguridade Social xestionadas polo Instituto Nacional de la Seguridad Social - INSS - e polo - Instituto Social de la Marina - ISM, residentes en Galicia (titulares, con residencia en Galicia, de pensións xestionadas polas direccións provinciais da comunidade; titulares, con residencia en Galicia, de pensións xestionadas por outras direccións provinciais). Non se inclúen, polo tanto, aquelas persoas que teñen un sistema de previsión social distinto á Seguridade Social, como por exemplo, os funcionarios de clases pasivas. O criterio xeográfico empregado para a clasificación dos datos é o municipio de residencia do titular da pensión, que se obtén mediante o cruce do ficheiro de Pensións Contributivas da Seguridade Social co Padrón municipal continuo do Instituto Nacional de Estadística - INE -. Novas relacionadas Estudos relacionados

Máis novas

Fonte

Comentarios