Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Decididos todos os novos alcades na Costa da Morte

Decididos todos os novos alcades na Costa da Morte

Se ben a corporación fisterrá terá que agardar ata o vindeiro 1 de xullo, o resto de concellos da Costa da Morte coñecen hoxe sábado 11 de xuño do 2011 os seus novos alcaldes e corporacións.
I é que na vila do Cristo tense que solucionar o contencioso electoral que presentaron BNG e PSOE tralos problemas ocorridos nunha mesa o día das votacións.

Polo de pronto, a sesión de hoxe servíu para elixir aos alcaldes pero aínda quedará tempo para coñecer como se distribúen as dedicacións e as áreas de competencia.

Continuidade

Boa parte dos concellos da bisbarra manterán o mesmo alcalde. Tan só hai 4 concellos que estrean alcalde (Carnota, Muros, Malpica e Vimianzo).
Así, foron reelixidos 11 alcaldes, os de Cabana, Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra (pendente), Laxe, Mazaricos, Muxía, Ponteceso e Zas. Entre eles, e pendentes do que suceda en Fisterra, os 3 imputados na trama da Operación Orquesta

Numerosos gobernos en minoría

Prevese unha lexislatura complicada en moitos concellos. Se ben son 8 maiorías absolutas, temos 6 concellos que quedan pendentes de gobernos en minoría e tan só hai un pactos.

  • Maiorías absolutas
    - 4 do PP (Cabana, Ponteceso, Mazaricos, Fisterra (pendente))
    - 3 do PSOE (Camariñas, Dumbría e Muxía);
    - 1 do BNG (Zas).
  • Gobernos en minoría:
    - PSOE en Corcubión;
    - PSOE en Laxe;
    - BNG en Carnota;
    - IxCee en Cee;
    - PSOE en Muros;
    - BNG en Vimianzo
  • Pactos:
    - PP-AIM en Malpica.

Gobernos por partidos

O PP, apesar de ser a forza máis votada na Costa da Morte, gobernará en 5 concellos (Cabana, Ponteceso, Mazaricos, Fisterra (pendente); e Malpica). O PSOE gobernará en 6 concellos (Camariñas, Dumbría, Muxía; Corcubión, Laxe e Muros). O BNG gobernará en 3 (Zas; Carnota e Vimianzo). O único independiente que gobernará será IxCee na vila da Xunqueira.

Corporacións provisionais

Aquí traemos as corporacións provisionais dos 14 concellos nos que se celebrou o Pleno de Investidura.

Cabana

Maioría absoluta do PP.

  • Alcalde: José Muíño (PP).
  • Carlos Allo Cundíns (PP).
  • Carlos Manuel Sande (PP).
  • María Liliana Pose Martínez (PP).
  • Sandra Méndez Blanco (PP).
  • Perfecto Vázquez Lema (PP).
  • Sheila Recarey Varela (PP).
  • José Antonio Pose Mato (PP).
  • Begoña Torrado Lema (PP).
  • Enríque Díaz Varela (PSOE).
  • Vanesa Barreira Rama (PSOE).

Camariñas

Maioría absoluta do PSOE.

  • Alcalde: Manuel Valeriano Alonso “Pichurri” (PSOE).
  • Sandra Insua Rial – Ponte do Porto (PSOE).
  • Juan Manuel Cabrejo Pasantes (Juanillo) (PSOE).
  • Mercedes Martín González (PSOE).
  • Sergio Caamaño Fernández (PSOE).
  • Gemma Pedreira Allo – Arou (PSOE).
  • Mª Carmen Linares Chica – Buría (PSOE).
  • Daniel Rego (PP).
  • Luis Lema Rodríguez (PP).
  • Pilar Pardiñas Sar (PP).
  • Ana María Méndez Blanco (PP).
  • Celestina Castiñeira Blanco (PP).
  • Pilar Pérez Sánchez (PP).

Carnota

Malia non haber pacto asinado, o PSOE apoio no pleno de investidura a Moncho Noceda, que volve á alcaldía. O BNG gobernará pois en minoría.

  • Alcalde: Moncho Noceda (BNG).
  • Mercedes Díaz Mayán (BNG).
  • Iván Franco Caamaño (BNG).
  • Antonio Federico Beiro Oreiro (BNG).
  • Suso Campos (PSOE).
  • Juan Manuel Saborido (PSOE).
  • José Oreiro (PP).
  • Marisol Piñeiro (PP).
  • Manuel Santiago Brea Beiro (PP).
  • María Jesús González Senande (PP).
  • Ana Isabel González Louro (PP).

Cee

Cada un votouse a si mesmo, polo que IxCee queda gobernando en minoría. De primeiras, xa nos contan dende a oposición que o porán complicado e a idea primeira é quitarlle as dedicacións exclusivas.

  • Alcalde: Ramón Vigo (IxCee).
  • Juan Bautista Areas Lestón (IxCee).
  • Plácido García Insua (IxCee).
  • Pilar Iglesias Lema (IxCee).
  • Lourdes Caamaño Vilar (IxCee).
  • Zaira Rodríguez (PP)
  • María Manuela Leis Caruncho (PP).
  • Isidro Caamaño Trillo (PP).
  • María Isabel Fdez. Durán (PP).
  • Dani Oca (BNG).
  • Santos Graíño (BNG).
  • María José Fandiño Blanco (BNG).
  • Amancia Trillo (PSOE).

Corcubión

Goberno en minoría do PSOE.

  • Alcalde: Francisco Lema, Chisco (PSOE).
  • Lalo Insua(PSOE).
  • María Manuela Fdez. Louro (PSOE).
  • Jose Antonio Louro Pais "OTE" (PSOE).
  • Oscar Insua (BNG).
  • Xabier Paz Regueira (BNG).
  • David Álvarez Castro (BNG).
  • Gema Freire (PP).
  • José Luís Abelleira Ronquete (PP).

Dumbría

Maioría absoluta do PSOE.

  • Alcalde: José Manuel Pequeño (PSOE).
  • José Antonio Casais (PSOE).
  • María del Carmen Agulleiro (PSOE).
  • Faustino Suárez Moledo (PSOE).
  • María Lema Santaballa (PSOE).
  • Fermín Cives (PSOE).
  • José Castiñeira (PSOE).
  • José Trillo (PSOE).
  • María José García Monteroy (PSOE).
  • Ramiro Iglesias (PP).
  • Manuel Barcia García (PIED).

Laxe

O BNG apoia na sesión de investidura ao PSOE pero non asina ningunha clase de pacto de goberno. Deste xeito, o PSOE gobernará en minoría.

  • Alcalde: Antón Carracedo (PSOE).
  • Manuel Esmorís Cotelo (PSOE).
  • José Manuel Mouzo Castiñeira (PSOE).
  • Silvia Silva Andrade (PSOE - independiente).
  • María Begoña Rodríguez Veiga (PSOE - independiente).
  • Antonio Oróns (PP).
  • María José Ramos Castro (PP).
  • José Antonio Suárez Mouzo (PP).
  • José Maríá Soto Pérez (PP).
  • Xosé Manuel Pose Lema (BNG).
  • José Luis Pérez Añón (IxLaxe).

Malpica

O PP pactou con AIM para gobernar en maioría. Así o edil de AIM Alfredo Cañizo será teniente alcalde, terá unha dedicación exclusiva e será o responsable das áreas de seguridade ciudadana, turismo, medio rural e mar.

  • Alcalde: Eduardo Parga (PP).
  • Teniente Alcalde: Alfredo Cañizo (AIM).
  • Miguel Ángel Fdez. Miras (PP).
  • Manuel Torrado Andrade (PP).
  • María Soledad Blanco Gorín (PP).
  • Noelia Freijeiro Novo (PP).
  • José Manuel Collazo Choiciña (PP).
  • Antonio Manuel Pereira Rodríguez (PSOE).
  • Rogelio Pereira García (PSOE).
  • María Dolores Verdes Suárez (PSOE - independiente).
  • María Manuela Álvarez Rey (PSOE - independiente).
  • Roberto García Ferreiro (BNG).
  • María del Rosario Fdez. Cancela (BNG).

Mazaricos

Maioría absoluta do PP.

  • Alcalde: José Santos Maneiro (PP).
  • Manuel Domingo Rodríguez Caamaño (PP).
  • Sonia González Cerbán (PP).
  • José Manuel Antelo Esperante (PP).
  • Angela Constantita Villar Rodríguez (PP).
  • José Manuel Trillo Franco (PP).
  • Xoán Xosé Blanco Riveiro (BNG).
  • María Aurora Souto Riveira (BNG).
  • Juan González Alvite (BNG).
  • Nico Martínez (PIMAZ).
  • Francisco Javier París Blanco (PIMAZ).

Muros

Caridad González é a nova alcaldesa e o PSOE terá que gobernar en minoría unha vez que non houbo pactos e cada un votouse a si mesmo.

  • Alcaldesa: Caridad González (PSOE).
  • José Rodrigo Tajes (PSOE).
  • Sandra Maneiro Pais (PSOE).
  • María del Rosario Fdez. Piñeiro (PSOE).
  • Manuel Bartolomé Freire Eiras (PSOE).
  • Concepción Sande Noya (PSOE).
  • José Siaba (PP).
  • Miguel Prado del Río (PP).
  • María José Martínez Martínez (PP).
  • María Teresa Mayo Freire (PP).
  • María Xosé Alfonso Torres (BNG).
  • José Quintela (BNG).
  • María Sambade LLoréns (BNG).

Muxía

Maioría absoluta do PSOE.

  • Alcalde: Félix Porto (PSOE).
  • Amparon Baña (PSOE).
  • Samuel Lago Ozón (PSOE).
  • Purificación Lema Pose (PSOE).
  • Manuel Caramés López (PSOE).
  • Irma Lucía García Barcia (PSOE).
  • José Manuel Senlle Lagoa (PSOE).
  • Mónica Vilela Vilela (PSOE).
  • Alberto Blanco (PP).
  • Antonia Martínez Quintana (PP).
  • José Antonio Devesa Castiñeira (PP).
  • Marina Blanco Noya (PP).
  • Faustino Gándara (BNG).

Ponteceso

Maioría absoluta do PP.

  • José Luis Fondo Aguiar (PP).
  • Susana Cousillas Sánchez (PP).
  • Óscar Manuel Rey Calo (PP).
  • Beatriz Martínez Fernández (PP).
  • José Pose Facal (PP).
  • María del Mar Durán Mato (PP).
  • José Luis Bermúdez García (PP).
  • Alberto Amado Cancela (PP).
  • Lois Carballido (PSOE).
  • José Santos Rial (PSOE).
  • José Rafael Mato Pet (PSOE).
  • Manuel Varela Domínguez (BNG).
  • Xosé Manuel Pose (APIN).

Vimianzo

O PSOE parece que apoiará ao BNG na conformación de goberno. Polo de agora todos se votaron a si mesmos e Manuel Antelo investiuse como novo alcalde e o BNG gobernará, en principio, en minoría. Con todo, as declaracións dos candidatos xa deixaron claro que non vai ser unha investidura sinxela, pois xa amosaron os dentes.

  • Alcalde: Manuel Antelo (BNG).
  • Fernando Mancebo Amigo (BNG).
  • María Xosé Ramos Rei (BNG).
  • Anselmo Ramos Martínez (BNG).
  • Antonio Miñones (PSOE).
  • Jose Manuel Blanco, Roque (PSOE).
  • Monserrat Vázquez Miñones (PSOE).
  • Carmen Borbujo Martínez (PP).
  • Pablo López Vázquez (PP).
  • José Manuel Pérez Trillo (PP).
  • Mónica Rodríguez Ordóñez (IxVim).
  • Manuel Soto Pérez, “Padronés” (IxVim).
  • Mª. do Carmen Hermida (IxVim).

Zas

Maioría absoluta do BNG.

  • Alcalde: Lolo Muíño (BNG).
  • Antonio Souto Ferras (BNG).
  • Oscar Lema Romero (BNG).
  • Yolanda Mourelle González (BNG).
  • Nantalia Espasandín Pazos (BNG).
  • Germán Pérez Freire (BNG).
  • Manuel García Velo (BNG).
  • María Dolores Martínez Caamaño (BNG).
  • Pedro Osende Rigueiro (PP).
  • Pedro Genaro Díaz Arroyo (PP).
  • Manuel Núñez Rodróguez (PP).
  • José Calo Varela (Che de Rial) (CG).
  • José Manuel Romero Gómez (CG).

Máis información

Novas relacionadas

Repaso Concello a Concello

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Foto do Pleno de Carnota de Pablo Pérez Domínguez.
  • Foto do Pleno de Vimianzo de Cristina Landeira.

Comentarios