Martes. 30.04.2024
El tiempo

En marcha a Mostra do Encaixe de Camariñas máis internacional

En marcha a Mostra do Encaixe de Camariñas máis internacional
Desfile inaugural da Mostra do Encaixe 2014

Camariñas inaugurou a tarde de onte mércores 16 de abril de 2014 a XXIV Mostra do Encaixe máis internacional, coa presenza de doce países estranxeiros, entre os que Brasil participa por primeira vez. Así, a pesar dos recortes do goberno central que criticou o alcalde durante a inaguración, tamén están presentes estes días palilleiras de Bélgica, Bulgaria, Estoniana, Francia, Irlanda, Italia, Polonia, Portugal, República Checa, Rusia e Suiza, ademais de palilleiras procedentes de diversos lugares de España. Un xeito de proxectar o encaixe a nivel mundial.

I é que a extrema calidade das nosas palilleiras foi protagonista durante os discursos, e sobre todo, a capacidade do encaixe costeiro, aínda por mellorar, de convertirse nun verdadeiro motor económico para a zona.

Despois do acto inaugural abriron a pasarela as coleccións de recoñecidos diseñadores: Ana Cabranes, Emilio Salinas, Esteban Fritiría, Franco Quintáns, José Matteos, Devota&Lomba, Oky Coky, Rubén Perlotti e os complementos de Janet Shulz, que pasaron desde roupa infantil ata traxes de noite, de noiva ou modelos máis informales.

Desfile inaugural da Mostra do Encaixe 2014

O Pequeencaixe é o futuro

Desfile das Pequeencaixe

E parece que o futuro está garantido. E se non que llo pregunten ás nenas da Escola Municipal de Palillo, que puxeron o broche de ouro á sesión inaugural lucindo os seus propios deseños no Pequeencaixe, no que demostraron gran desparpajo sobre o escenario. O domingo coincidindo coa clausura lucirán de novo os seus traballos.

Desfile de Pequeencaixe en Camarinas

A foto dos políticos

Aí estaban o alcalde Pichurri, a directora xeral de Comercio, Sol María Vázquez, e o alcalde de Coristanco Antonio Pensado, como representante da Diputación da Coruña, entre unha marea de personalidades políticas atentas á foto. A directora falou de “Innovación, internacionalización e a mellora da comercialización”. Pensado sinalou que a Mostra é "un referente da Semana Santa coruñesa”, e quedou sorprendido de "espectáculo" que é ver o traballo das palilleiras e o produto final.

A foto dos politicos na Mostra do Encaixe de Camarinas 2014

Encontros de Palilleiras

Hoxe comezan os encontros de palilleiras, que congregará a unhas 600 ata o domingo. Tamén se celebra o segundo encontro de bloggers, ademais doutras actividades paralelas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios