Jazz a ritmo de buxo costeiro
Como nos gustan estas novas de carácter cutural que trascenden a nosa bisbarra. De feito, son novas que veñen de volta, cando algún costeiro está triunfando no “estranxeiro”. Hoxe falamos de Álvaro Trillo, con familia en Carnés (Vimianzo) mais de sentimento "camariñán", está a medrar musicalmente dun xeito que dá vertixe. O seu proxecto Buxeiro Trío en jazz (do que é compositor e batería) sempre honra á Costa da Morte, co seu idiolecto e lembrándoa cando explica cada peza en cada concerto.
Trillo vén de gañar o certame ‘SGAE Galicia Creativa’ na categoría de de jazz, unha iniciativa que busca contribuír ao “desenvolvemento do talento musical galego e dos grupos e solistas emerxentes que loitan por se facer un oco no difícil mercado actual”.
Álvaro Trillo, á esquerda, recibindo o premio da SGAEOs seus siareiro só poden agradecerlle como soa maxicamente ese tema, Corema Core. Un tema que “vivirá na praia de Trece, "verase" desde o Monte Branco; en Camariñas, todo Mar. Costa da Morte. E chegará, ata todos os finisterraes como o berro na defensa do amor. A caramiña seguirá entre nós e nós seguiremos... polo amor a esta terra”.
Aquí os vemos verán pasado, na súa estrea no tempo do jazz coruñés, o Filloa:
Máis novas musiqueiras
- Terbutalina e Sés, finalistas dos Premios MIN da Música Independiente.
- Un Gremio para que a música agrome en Carnota.
- Un Combo intermunicipal para experimentar a maxia do jazz.
- Serj rende homenaxe ao Rei das Mareas, Modesto Tajes Sánchez.
- Terbutalina publica o seu primeiro disco en vinilo.
- Os xalleiros Gran Soul Band estrean videoclip en ruta.
- Os Irmandiños xa teñen CD e cómic.
- Terbutalina, Mellor Álbum en galego dos Premios da Música Independiente.
- Aula 11 cruza o telón de grelos a ritmo de garage.
- AnaKrusa, unha banda ceense na conquista do festival nacional MusicAula 2015.
- O Colectivo Badlaifé dá o salto e xa graba rap en italiano.
- Serj amosou o orgullo costeiro na presentación do seu disco Velaivén.
- Un par de dilleis nas cavernas de Muros.
- Maestro Romero, un par de músicos muradáns con pouca vergoña e moito sentimento.
- Unha BSO roqueira por e para Carballo.
- A banda costeira The Suffering presenta o seu primeiro proxecto musical.
- Serj cántalle á súa Costa da Morte.
- O Colectivo Baidlafé demostra o potencial rapeiro da Costa cun novo videoclip.
- Unha historia de Cráneos e Ósos na DeadCoast.
- A Costa da Morte en clave de rap co carnotán Yeray Vázquez.
- Os Trapos Sucios, gañadores do Rock in Río Tea.
- Nordés Project. Folk-pop ceense no Musicaula 2014.
- Corcubión bailou a ritmo do Rebumbio.
- Leö KCH: “O Rebumbio é bo para todos. A unión fai a forza”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).