sábado. 14.06.2025
El tiempo

O lume arrasa 7 hectáreas en Camelle e pega un susto no Ézaro

O lume arrasa 7 hectáreas en Camelle e pega un susto no Ézaro
Lume en Arou-Foto-Andres Lume pequeno no Ezaro-Foto-Mario Rodriguez

Hoxe, martes 24 de setembro, parece que por fin remata o verán. E onte, para despedilo varios focos volveron saltar a alarma na zona. O susto máis grande chegaba arredor das 18:00h no Ézaro, cando un novo lume volvía prender na zona da penedía. A "sorte" foi que xa practicamente toda a zona estaba queimada, polo que as lapas non xa non tiñan combustible. Varios veciños chamaron ao 085 e rapidamente unha brigada encargouse de sofocalo.

O que non quedou en susto, o que xa foi máis serio, foi en Arou, Camelle. Arredor das 14:00h comezaban a espallarse as lapas, quedando a unha distancia non demasiado grande das casas. Ao lugar tiveron que achegarse varias brigadas e mesmo un helicóptero, e non puideron controlar o lume ata pasadas as 20:00h. Fontes non oficiais (a Xunta só informa a partir das 20 hectáreas) aseguran que foron calcinadas 20 hectáreas de monte camariñán.

Lume en Arou con helicoptero-Foto-Andres Lume en Arou-Foto-Andres Consecuencias do lume en Arou-Foto-Andres Consecuencias do lume en Arou-Foto-Andres

Máis información

Novas sobre incendios

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios