Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O sendeirismo segue achegando mundos e creando conciencia na Costa da Morte

O sendeirismo segue achegando mundos e creando conciencia na Costa da Morte
As pegadas de Traski na praia de Leis

431 trasnos e 8 traskicans comezaron en Camariñas esta etapa do Camiño dos Faros que os ía a levar ata Muxia despois de percorrer 32km e pé, polo sendeiro pegado ao mar. Entre eles unha pandilla de 4 nenos que non deixaron de xogar en toda a etapa… Así comeza o mesmo Traski a crónica da 6ª etapa desta 3ª edición do Camiño dos Faros, á que xa só lle quedan dúas citas para chegar á fin da terra.

Quen nós ía dicir o ano pasado, a pesar de todo o que o difundimos dende QPC, que o sendeirismo sería a principal actividade das fins de semana na Costa da Morte, superando mesmo en incidencia ás festas verbeneiras. Pero é que o traballo que está a facer Traski e o Camiño dos Faros achegando a nosa paisaxe a media España, combínase co traballo de concienciación nos veciños que están facendo as propostas das Andainas Coñece a Costa da Morte e as Rutas de Senda Nova. Dende dentro e dende fóra, decatándonos do gran tesouro que temos en materia de patrimonio natural. Aínda así, no Camiño dos Faros tamén houbo veciños de Camariñas, trasnos novatos, que recoñeceron non saber o tesouro que agochaba a súa costa.

Un Camiño dos Faros que ademais abre moitas portas, portas que sen el son moi difíciles de abrir. Nós xa comprobamos o complicado que era entrar no Faro Vilán, e os trasnos teñen a porta aberta….
Esta fin de semana houbo tres sesións e entre as tres case chegan ao millar de sendeiristas percorreron a nosa bisbarra.

Traski invasión

Traski invasion en Muxia

Pois alá foron os 431 transos, chegados de todas partes de Galicia e mesmo un grupo de amigos de Viana do Castelo, arrincaron ás 9:00h da mañá do domingo de Muxía, para coller o bus que os deixou en Camariñas.
Pero antes de ir ca etapa, temos que analizar a Preetapa. A cita do sábado foi completísima. Arrincou cunha visita guiada pola concelleira muxiá Amparo Baña, para continuar ata o Museo do fotógrafo Ramón Caaamaño, onde seu xenro, o gran Chete, estaba moi contento de ter a todos vos trasnos alí vendo pura historia da Costa da Morte. Transos e o propio Chete laiáronse da falta de axudas para dixitalizar tal tesouro.
Houbo tempo ademais para disfrutar da presentación do video do Camiño dos Faros non Salón de Actos do Voluntariado. Todo arruopados polos establecimentos da vila da Barca, que abriron os brazos para recibir aos trasnos.

Os trasnos no Museo Ramon Caamano

O domingo despexaron as brumas, saíron os raios ao ver aos trasnos, e arrincou a xornada dende Camariñas pola Enseada da Basa e a Insua con marea baixa, disfrutando do delta do Río Grande. Enfronte, a Praia de Area Grande, pero para chegar a ela ainda quedaban 8 kilómetros, moitos deles de estrada. A primeira parada de avituallamiento foi debaixo do carballo de Cereixo, un tentempie pra seguir ata a Praia do Lago onde estaba prevista a parada grande. Que mellor sitio que nese pinar de luxo.

O camiño interactúa coa veciñanza, e senón que llo pregunten aos que disfrutaron das fresas da señora de Chorente que saíu á recibilos trasnos para darlle as fresas ao neto, e aos que quixeran probar. “Los lugareños conversaban con los Trasniñ@s interesándose por todo el "Camiño dos Faros" y en particular por los diferentes aspectos de la propia etapa e informándonos del ritmo que llevaban nuestros predecesores... "buff, xa pasaron unha morea deles…”, describe Bea de Cotelo.

Descanso, tentenpé, bañito e xeado na Praia do Lago, para continuar disfrutando do TraskiCompañerismo que xa cada etapa pasa a entenderse mellor como TraskiCariño ou TraskiAmistad. De aí, subindo ata o Mosteiro de Moraime non sen antes ver as paradisícas praias dos Muíños. E de aí, xa a Muxía e as súas pedras, ademais de botar un ollo ao estado no que se atopa o Santuario da Virxe da Barca.

Máis alá dos "eu non dou tantos kilometros, que teño moitos anos”, todos chegaron e máis contento do que saíron comprobandon en primeira persoa todo o que implica convertirse en trasno.

Andaina por Muxía

190 caminantes na Andaina por Muxia-Foto-Leo Moreira

O sábado foi o turno dos veciños costeiros. A Andaina Coñece a Costa da Morte, a 5ª deste curso (quedan 3 por facer no Programa). Foron 190 persoas as que se achegaron a Muxía para disfrutar dun roteiro polas nubes. I é que a subida ao mirador do Monte Facho foi a zona máis complicada. Pero unha subida con premio, pois que as fermosas vistas panorámicas de Muxía e da comarca dende aló arriba son para enmarcar nun recuncho.

Andaina por Muxia-Foto-Leo Moreira

Ruta con Senda Nova

Tamén saíu a entidade carballesa por Coristanco, no marco do programa Primavera en Ruta. Desta volta tocaban 21km polo Coristanco máis histórico, nunha ruta que mesturou natureza con patrimonio etnográfico, para o deleite e aprendizaxe dos máis de medio centenar de camiñantes.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios