Rapazas de Camariñas desfilarán cos seus propios modelos de encaixe
Varias novas as que nos chegan sobre a Mostra de Encaixe, e comezamos con esta fotografía que botaron as palilleiras, a directora da Mostra, Dolores Lema e os responsables do programa A Revista da TVG, botaron esta mañá no Museo do Encaixe.
Modelos e deseñadoras
A XXIV Mostra do Encaixe de Camariñas que se celebrará do 16 ao 20 de abril contará con varias novidades con respecto ás pasadas edicións, que se centran principalmente na pasarela e desfílelos. Este ano 41 alumnas da Escola Municipal de Palillo desfilarán cos seus propios modelos no desfile inaugural, o día 16, e na xornada de clausura, o domingo 20, no que se denominará Peque Encaixe. As nenas lucirán o encaixe elaborado e aplicado por elas mesmas, polo que os organizadores do evento esperan que a iniciativa sexa un gran éxito.
Grandes Deseñadores
Este ano os Grandes Diseñadores tamén volverán lucir coleccións elaboradas específicamente para a Mostra, trala interrupción dos dous últimos anos nos que se exhibiron outras propostas dos modistos. Na categoría de Grandes Diseñadores haberá un total de nove asinas de diferentes lugares de España: Devota&Lomba (Madrid), Emilio Salinas (Madrid), Rubén Perlotti (Barcelona), Esteban Fritiría (Málaga), Ana Cabranes (Xixón), Oky Coky (Pontevedra), Franco Quintáns (Pontevedra), José Matteos (A Coruña), e a firma de Complementos Janet Shulz (Pontevedra).
Nova pasarela en forma de O
Franco Quintáns é o director da pasarela, que este ano será por primeira vez a rentes do chan, en forma de O, con 22 metros de percorrido e o público poderá seguir desfílelos desde un chanzo, con capacidade para unhas 300 persoas.
Outra das novidades que se poderá ver este ano na Mostra será unha fusión entre a artesanía tradicional e o deseño máis conceptual a cargo do diseñador interiorista Juan Ares, quen presentará en exclusiva unha peza de mobiliario que levará incorporado encaixe de Camariñas conformando variopintas formas geométricas de distinto significado.
Deseñadores Noveis
No concurso de Diseñadores Noveles participarán 28 novas promesas chegadas desde diferentes lugares de España. O Concello de Camariñas ultima todos os detalles da Mostra do Encaixe e o programa, que será presentado nos próximos días.
Semana Santa 2014
- O encaixe achega Vigo a Camariñas.
- A Mostra do Encaixe 2014 xa ten cartel.
- A Panorama volverá estar nas Festas do Cristo de Fisterra.
- Os fisterráns preparan a súa Semana Santa.
- Carnota abre as portas por Semana Santa ca III Mostra Víndemo Ver.
Novas relacionadas
- Novas obras no Museo do Encaixe para protexer as pezas.
- O Encaixe non ten idade nin sexo.
- Mostra 2013: O Encaixe continúa sumerxíndose no século XXI.
- 27-04-12: Veto na Mostra do Encaixe de Camariñas?.
- Mostra 2012: 17.000 visitantes fan do Encaixe un produto de moda a pesar dos recortes.
- Unha de Festas de Interese Turístico na Costa da Morte.
- Mostra 2011: Camariñas pon a tradición de moda.
- Mostra 2010: Alberto Neves gañou o Concurso de Deseñadores Noveis.
- Mostra 2010: A cara máis sensual do encaixe.
- Relatos da Costa, Un século máxico: Hoxe: Encaixe (Camariñas, 1.999).
Fonte
- Nota de prensa de RDF Comunicación.