Mércores. 21.08.2019
El tiempo

Os recortes no servizo de Pediatría de Camariñas chegan ao Parlamento Galego

Imaxe dunha pancarta nunha concentración de protesta na bisbarra
Imaxe dunha pancarta nunha concentración de protesta na bisbarra
Os recortes no servizo de Pediatría de Camariñas chegan ao Parlamento Galego

Tamén chegou o caso de Zas, pero non parece que o SERGAS vaia cambiar a súa política de desleixo co rural galego. Desta volta é o BNG, a instancia do grupo local, o que vén de presentar no Parlamento Galego unha proposición non de lei e unhas preguntas para seren respondidas na comisión de sanidade do parlamento.

A proposición non de lei que o BNG leva ao debate na comisión de sanidade é a seguinte: “O Parlamento de Galiza insta ao goberno galego a garantir a atención pediátrica no concello de Camariñas en condicións de suficiencia e calidade, cubrindo as vacacións ou baixas [email protected] pediatra.”

Para BNG ”@s [email protected] do rural son coma os da cidade, teñen os mesmos problemas e as mesmas necesidades médicas”, por iso fanse partícipes da indignación da veciñanza ante a desatención do SERGAS de este servizo e levan o asunto ao goberno galego.

Lembran que non se ciubren as vacacións da Puericultora que teñen asignada neste concello como pediatra, polo que teñen que trasladarse ao concello de Vimianzo, sobrecargando este e facendo tarefa imposible solicitar cita previa nun tempo suficiente para atender a poboación infantil.

Novas relacionadas

Máis novas

Comentarios