Mércores. 24.07.2019
El tiempo

Camariñas tamén critica que non se cubran as vacacións dos médicos de atención primaria

O Centro de Saúde de Camariñas fica cun só facultativo durante o verán
O Centro de Saúde de Camariñas fica cun só facultativo durante o verán
Camariñas tamén critica que non se cubran as vacacións dos médicos de atención primaria

Ao igual que facía o Concello de Zas este luns, o Concello de Camariñas tamén vén de manifesta a súa preocupación pola insuficiente presenza de médicos en Camariñas durante o verán. Unha situación que agrava os problemas co servizo de pediatría que veñen denunciando as familias.

A alcaldesa Sandra Insua púxose en contacto co xerente do Sergas para coñecer de primeira man como se cubrirán as vacacións dos médicos de cabeceira. Luis Verde trasladoulle a Sandra Insua que a política do Sergas para cubrir este tipo de ausencias é que, nos centros nos que habitualmente só hai un facultativo como é o caso de Ponte do Porto, se cubrirá sempre a súa marcha, pero nos que hai dous médicos durante todo o ano, como ocorre en Camariñas, mentres só colla vacacións un destes actualmente non é prioritaria a súa cobertura e só se fará se hai dispoñibilidade.

Verdes deixou a porta aberta, consciente de que a época estival é un dos momentos do ano nos que aumenta a poboación do municipio debido ao turismo, pero á alcaldesa non lle evita o “malestar” pola situación.

Novas relacionadas

Máis novas

Comentarios