Os recortes no servizo de Pediatría de Camariñas chegan ao Parlamento Galego
Tamén chegou o caso de Zas, pero non parece que o SERGAS vaia cambiar a súa política de desleixo co rural galego. Desta volta é o BNG, a instancia do grupo local, o que vén de presentar no Parlamento Galego unha proposición non de lei e unhas preguntas para seren respondidas na comisión de sanidade do parlamento.
A proposición non de lei que o BNG leva ao debate na comisión de sanidade é a seguinte: “O Parlamento de Galiza insta ao goberno galego a garantir a atención pediátrica no concello de Camariñas en condicións de suficiencia e calidade, cubrindo as vacacións ou baixas d@ pediatra.”
Para BNG ”@s nen@s do rural son coma os da cidade, teñen os mesmos problemas e as mesmas necesidades médicas”, por iso fanse partícipes da indignación da veciñanza ante a desatención do SERGAS de este servizo e levan o asunto ao goberno galego.
Lembran que non se ciubren as vacacións da Puericultora que teñen asignada neste concello como pediatra, polo que teñen que trasladarse ao concello de Vimianzo, sobrecargando este e facendo tarefa imposible solicitar cita previa nun tempo suficiente para atender a poboación infantil.
Novas relacionadas
- 11-07-19: Camariñas tamén critica que non se cubran as vacacións dos médicos de atención primaria.
- 09-07-19: O SERGAS tampouco cubre as vacacións dos médicos de Atención Primaria nos centros de Saúde de Zas.
- Camariñas e Camelle seguen sufrindo os problemas co servizo de pediatría.
- 10-06-19: As ANPAs de Camariñas únense para recuperar un servizo de pediatría digno.
- As familias de Zas acoden á Valedora do Pobo para recuperar un servizo de pediatría digno.
- 13-05-19: As familias de Zas expanden, con carteis e pancartas, a loita pola recuperación das 35 horas de servizo de pediatría.
- Abril 19: As familias de Zas volven quedar sen pediatra sen previo aviso.
- Abril 19: As familias de Zas volven quedar sen pediatra polas vacacións do profesional.
- Como é o estado de saúde do servizo de pediatría en Cee?.
- “Somos o único Hospital do SERGAS que non ten celadores”.
- Un novo paro de 15 minutos polo Día Mundial da Atención Primaria.
- Unha regueifa escolar contra os recortes en pediatría. As baixas de profesionais de Atención Primaria agrava a crise sanitaria na Costa da Morte.
- O SAE reclama a regulación de contratación no HVdX.
- As baixas de profesionais de Atención Primaria agrava a crise sanitaria na Costa da Morte.
- 14-03-19: A Xunta reiteira que a Costa da Morte ten pediatras de sobra,
- 13-03-19: Os mércores ao sol… e contra os recortes en sanidade.
- A falta de pediatras, o insán costume do sistema sanitario galego.
- 2017: Denuncian de novo o desmantelamento paulatino de servizos do HVdX.
- 2017: Denuncian a nefasta xestión da cafetería e da cociña do Hospital Virxe da Xunqueira.
- 2014: Por un segundo pediatra para Cee e Corcubión.