Un Verán de Cine en Camariñas

08:59 30/06/21
Ademais das Festas Destronavirus polas parroquias, das Festas do Carme, ou das Festas de San Pedro, Camariñas ten outro programa ben interesante para disfrutar as noites de verán.
O Ciclo de cine ao aire libre (ás 22:00h) comezará o sábado, 24 de xullo, en Xaviña coa proxección de ‘El Rey León’ na Praza da Igrexa e posteriormente haberá sesións en Arou, Camelle, Ponte do Porto e Camariñas. Haberá flocos de millo gratis para os asistentes.
As seguintes proxeccións serán:<(p>
- ‘Quien a hierro mata’: sábado 31 de xullo en Arou. Praza da Praia (se chove no centro A Estivada).
- ‘Spiderman: lejos de casa’: venres 6 de agosto en Camelle. Praza Igrexa (se chove na Casa do Alemán).
- ‘A Galiña Turuleca’: venres 13 de agosto na Ponte do Porto. Paseo fluvial (se chove no centro cultural).
- ‘Dumbo (Tim Burton): venres 20 de agosto en Camariñas. Praza de San Xurxo (se chove na Casa de Pedra).
- ‘O que arde’: venres 27 de agosto en Camariñas. Praza do Mercado (se chove na Casa de Pedra).