Domingo. 03.11.2024
El tiempo

As vodas e o mar non faltarán na Mostra

Esteban Freiria e KKOU estaran na Mostra do Encaixe de Camarinas
Esteban Freiria e K-KOU estarán nos desfiles da Mostra do Encaixe de Camariñas
As vodas e o mar non faltarán na Mostra

Seguimos debullando a XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. E hoxe toca falarmos de de vodas e de gastronomía.

‘VodaEncaixe’

Unha das novidades dedición 2022 será a estrea do espazo de ‘VodaEncaixe’, unha zona que se creará no interior do pavillón e onde as parellas que o desexen poderán deseñar integramente o seu casamento sen saír do recinto. Neste recuncho os asistentes poderán atopar, da man de empresas locais e do deseñador Jose Matteôs, todo o que precisan para organizar unha cerimonia de voda: vestidos de Matteôs Novias, vehículos de Alebura, a Floristería Alecrín que aplica encaixe nos ramos e en detalles de voda, os detalles de Agasalla Encaixe Agasalla Amor e a cobertura fotográfica da man de Diego Alonso Fotógrafo.

Degustación

Como vén sendo xa habitual, a Mostra servirá tamén de exposición da nosa mellor gastronomía con degustacións gratuítas, presentando a entrada e ata acabar existencias, de polbo, rodaballo e caviar de ourizos. As empresas que participan son Stolt Sea Farm (a tamén patrocinadora ofrecerá rodaballo), Gallego Pereira (polbo), Frigoríficos Canosa (polbo), Pescados Pedreira (caviar de ourizos), e Industrias Cerdeimar, colaboradora desde hai 30 anos coa Mostra.

KKOU e Freiría

Segue anunciando ademais a Mostra os deseñadores que fan do evento a vangarda da moda mundial. Unha das debutantes será a firma K-KOU, amarca de moda española, con sede en Madrid pero que exporta a todo o territorio nacional, presentará unha colección “mezcla entre linos lisos y estampados exclusivos”. Montse Gallego, CEO de K-KOU, agarda “aportar reconocimiento al valiosísimo trabajo de las encaixeiras y así trasladarlo a todos nuestros clientes nacionales e internacionales”.

Outro que “volve a casa” é Esteban Freiría. O deseñador galego, afincando en Marbella, repetirá na Mostra por oitavo ano consecutivo. Adiante que a súa colección, ‘Óleo y Arena’, “se inspirá en los cuadros de Picasso y tendrá una puesta en escena muy de los Goya”.

Mañá coñeceremos o programa completo.

Novas relacionadas

Comentarios