Martes. 16.04.2024
El tiempo

Aberta a inscrición para o Congreso “Cidades que camiñan” que acolle Carballo

Congreso-21_Programa_1
Programa do Congreso
Aberta a inscrición para o Congreso “Cidades que camiñan” que acolle Carballo

Está aberta a inscrición, a través da microweb do congreso, para participar no 8º Congreso Cidades que Camiñan, que se celebrará os días 7 e 8 de outubro en Carballo co lema “Andando enténdese a xente”.

Un congreso no que estarán presentes 63 cidades de 3 países que integran a rede a día de hoxe, aberto tamén a todas as persoas e entidades que queiran seguir traballando na liña da humanización das vilas.

O venres 7 de outubro será para os concellos, pero a partir do sábado xa está a porta aberta no Pazo da Cultura. Tras o acto de apertura por parte do presidente da Rede de Cidades que Camiñan, Miguel Anxo Fernández Lores, e do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, a conferencia inaugural correrá a cargo do arquitecto e divulgador cultural Pedro Torrijos, toda unha referencia con gran presenza nos medios de comunicación e redes sociais coma Twitter, onde ten máis de 148.000 seguidores/as.

As persoas que o desexen tamén poderán participar o sábado 9 nunha visita técnica guiada polo museo de arte pública “Derrubando muros con pintura”, que acada xa as 90 creacións artísticas ao longo e o ancho da vila de Carballo.

Congreso21_Paseo-07

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios