luns. 17.03.2025
El tiempo

A ANPA A Granxa envía unha carta ao Conselleiro avalada por 1.700 sinaturas

  • O PSOE volveu levar o asunto ao Parlamento pero volveu atoparse coa negativa do PP.
ANPA Granxa e familias no Parlamento
ANPA Granxa e familias no Parlamento
A ANPA A Granxa envía unha carta ao Conselleiro avalada por 1.700 sinaturas

Non cesa a loita da ANPA A Granxa por un ensino xusto, dingo e igualitario no CEIP Bergantiños. As familia carballesas presentaron onte no rexistro unha carta dirixida ó Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, invitándoo a visitar o CEIP Bergantiños e comprobar persoalmente a situación de desatención na que se atopa o alumnado identificado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE), derivada da falta de persoal docente no centro.

Ademais, a asociación solicita unha reunión co Conselleiro para tratar o tema e chegar a unha solución que garantice o dereito dos alumnos e alumnas a unha educación de calidade. Xunto co escrito, enviamos máis de 1.700 sinaturas de familias e veciños de Carballo que apoian estas reivindicacións.

O PSOE volveu levar o asunto ao Parlamento

Besteiro e Patricia Iglesias coas familias do CEIP Bergantiños de Carballo 120225
Besteiro e Patricia Iglesias coas familias do CEIP Bergantiños de Carballo

As familias foron invitadas, neste caso polo PSOE, para acodir ao Parlamento, xa que a deputada solicialista Patricia Iglesias Rey formulou unha pregunta ó Goberno galego sobre as previsións que ten a Xunta en relación ás reivindicacións dos pais e nais do CEIP Bergantiños que podedes ver na mediateca do Plendo do Parlamento.

A parlamentaria socialista Patricia Iglesias reclamoulle hoxe ao conselleiro de Educación que escoite á comunidade educativa do CEIP
Bergantiños de Carballo e reforce o profesorado de apoio. 
Lembrou que o 35 por cento dos 575 estudantes do centro presentan necesidades educativas especiais ou necesidades específicas que requiren apoio educativo, e precisan polo tanto dunha atención especializada. Concretamente reclamou a incorporación dun segundo orientador, o incremento do profesorado especialista en Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe e a redución de ratios e incremento das horas de apoio.

Foi o propio Conselleiro Román Rodríguez o encargado, outra vez como xa fixo con outra marea de centros que chegaron ata o Parlamento, de negar a proposta da oposición, volvendo sacar o argumento dos ratios, e de tratar as crianzas como se fosen números. Podedes ver a súa intervención no Parlamento.

Máis novas

 

Comentarios