COVID: A curva pica para arriba
55 novos casos máis detectados nos últimos 5 días dan conta do rápido aumento da gráfica do covid na Costa da Morte. Os 19 concellos da bisbarra pasan de rexistrar un total de 160 novos casos nos últimos 14 días o pasado 11, aos 217 de onte. Bergantiños volve ser a comarca con maior incidencia, pasando de 100 a 136, pero a curva en concellos como Vimianzo ou Fisterra tamén tende á álza.
Á espera dos datos do cribado de Carballo, a Xunta debullaba os datos do da Laracha. Eran citadas 926 persoas entre 18 e 30 anos, dos que acodían 458 (o 49,46%). O cribado arroxaba 2 casos positivos dando unha taxa de positividade do 0,44%. Así, a curva na Laracha está máis estancada na últia semana, onte con 30 novos casos detectados nos últimos 14 días.
Os dous concellos superan a barreira dos 250 novos casos por cada 100.000 habitantes da taxa de incidencia, a pesar do cal o Comité Clínico evitou tomar novas medidas.
MÁIS NOVAS SOBRE O COVID
- 12-07-21: COVID: O Sergas afronta un novo cribado en Carballo pero non anuncia novas restricións.
- 12-07-21: COVID: O Sergas anuncia un cribado entre a mocidade da Laracha ante o repunte de casos na comarca de Bergantiños .
- 07-07-21: COVID: Levantan as restricións en Carnota.
- 30-06-2021: COVID: Sitúan a Carnota no nivel alto de restricións mentres que Camariñas e Malpica volven ao baixo.
- 28-06-21: COVID: Realizan un cribado tralo gromo detectado en Carnota.
- 23-06-21: COVID: Camariñas e Malpica mantéñense no nivel medio de restricións.
- 16-06.21: Camariñas e Malpica, dous dos tres concellos en nivel medio
- 05-06-21: Falece unha muller de 67 anos no HVdX.
- 03-06-2021: COVID: A Costa enteira queda sen restricións mentres avanza a vacinación.
- 01-06-21: COVID: Falece unha muller de 94 anos no HVdX