Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Espiral Maior Foro celebra o Día do Libro coa escritora larachesa María Rei Vilas

CELEBRACIÓN-EN-CARBALLO-DO-DÍA-INTERNACIONAL-DO-LIBRO (1)
Espiral Maior Foro celebra o Día do Libro coa escritora larachesa María Rei Vilas

Ademais das actividades municipais para os centros de ensino, o Día do Libro celébrase en Carballo no Clube de Lectura de Espiral Maior Foro. O activo centro cultural acolle este sábado 23 de abril, ás 12:00 h., unha sesión extraordinaria facendo unhalectura activa e reflexiva, é a novela “Flores de ferro”, da escritora larachesa María Rei Vilas, pola que recibiu o Premio de Novela Manuel García Barros no ano 2020.

María Rei Vilas, que estará presente na sesión e participará como autora convidada, é profesora de Bioloxía e Xeoloxía no IES Agra de Leborís da Laracha, e transmite na súa novela, ambientada nos anos 80 do pasado século, a memoria das mulleres nunha vila galega, e a súa supervivencia na guerra do 36, e no tempo posterior, como vítimas silenciadas dunha particular época histórica.

O Clube de Lectura de Espiral Maior Foro conta na actualidade con 20 persoas inscritas e está aberto a novas incorporacións, facendo real, a través do exercicio da lectura, a frase constitutiva de Gustave Flaubert, que se converte en lema do clube de lectura carballés: “Ler para vivir”.

As persoas interesadas en participar poden comunicalo a través do número de teléfono 628 690 573 ou no propio local da entidade.

Novas relacionadas

Comentarios