O Interplay abriu as portas… da túa casa
Así arrincaba a 7ª edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay. Dende a casa de Sonia Méndez, a directora, que guiaba a presentación desta edición 100% dixital do festival carballés. Que outro festival ten máis sentido para facelo na rede que este, non?
A sesión de inauguración meteuse na casa de Xosé Regueira, concelleiro de Promoción Económica en Carballo, que valorou ese máxico número 7; e tamén de Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic); Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación da Coruña; Pablo Fontenla, presidente da Asociación de Profesionais da Dirección e a Realización de Galicia (CREA); Enrique Lojo, presidente da Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG); ou Ana Domínguez, da coordinadora de festivais de Galicia Proxecta.
Non faltaron na ronda de visitas membros do Xurado Oficial -Brays Efe, Andrea Gumes, Alfonso Zarauza, Fernanda Tabarés e Guillermo Zapata- e Xurado Novo -Laura Méndez, Jaime Regueiro e Antía Suárez.
Case un milleiro persoas pasaron polo streaming, e uns 300 estiveron pegado á pantalla ata a primeira gran estrea: a webserie “XAN”, un produto da casa, que gañou o concurso de proxecto da pasada edición do festival para facerse realidade. Guionizada e protagonizada por Miguel Canalejo, e dirixida por Lucía Estévez tiveron colaboracións de grandes actores e actrices galegas. Ambos tiveron un fantástico coloquio cos espectadores a través do chat mentres comentaban os pormenores da gravación.
Ás proxeccións da Sección Oficial, dende a casa
O público do festival poderá ver, por primeira vez, dende a súa casa as 31 webseries de todo o mundo que compiten na sección oficial do Carballo Interplay, coñecer as súas creadoras e creadores e votar a súa favorita para o Premio do Público.Non faltarán as maratóns e durante a noite do xoves, a partir das 20:00h terá lugar a proxección das 7 webseries galegas, antes da estrea de Amnesia 3.0, o outro proxecto da casa; o venres, a partir das 18:30h toca a sesión internacional, e ás 20:00h a estatal; e o sábado a partir das 17:00h terá lugar a segunda sesión dos blosques internacional e estatal antes da Gala de Clausura, o encontro de Verto e a entrega de premios.
As 7 webseries en galego para o Interplay Versión: @Destapando_Casares, Os 20 do XX, Capitán Breomán, Save e amigos, Mataría Microserie, Adegas da memoria e S.E.X.
3 días máis na rede
O completo programa continúa durante estes tres días. Esta mañá de xoves o Carballo Interplay sumérxese na internet máis feminista, falando con xogadoras de videoxogos, pasando por unha conversa co youtuber galego Aquel-e (Miguel Silva) dando boa conta do talento dixital galego.
Venres e sábado continúan as conversas e as proxeccións durante todo o día.
FormaCIP
Paralelamente desenvólvense as accións formativas, tamén en formato online. Este xoves dará conta o Obradoiro de Streaming, impartido por Jorge Boquete, de Miraveo, dos seus avances.
Novas relacionadas
- Xan e Amnesia abren o caseiro Carballo Interplay.
- 2020: Antía Suárez: "O Carballo Interplay visibiliza o traballo da xeración máis nova”.
- 2020: 7 webseries galegas porán o acento ao Carballo Interplay.
- 2020: O Carballo Interplay sumérxese na internet máis feminista, divertida e disidente.
- 2020: Verto ofrecerá un concerto en directo en streaming na edición híbrida do Carballo Interplay.
- 2020: O Carballo Interplay prepara unha “edición híbrida” en novembro.
- 2019: O Interplay moi ben, pero falta Carballo.
- 2019: O Interplay volveu convertir Carballo na capital da cultura dixital global
- 2018: Dinosaurio, a webserie do Interplay que narra a caída mundial da internet.
- 2018: O Interplay volveu convertir Carballo na capital estatal dos contidos dixitais.
- 2017: O Festival Interplay fai de Carballo a capital da cultura dixital global
- 2017: O IV Festival Carballo Interplay, a máxima calidade audiovisual entra na Costa da Morte
- 2017: En marcha a 4ª edición do Carballo Interplay, os Goya do audiovisual virtual
- Maio 2016: O éxito do III Carballo Interplay asegura unha cuarta edición no 2017.
- 2016: Os Premios Fouciño, os irmáns pequenos do Carballo Interplay
- 2016: Carballo prepárase para o terceiro festival Interplay
- 2016: David Saínz e Teresa Segura imparten un obradoiro de creación de webseries
- 2016: Un total 36 webseries de todo o mundo compiten na terceira edición do Carballo Interplay
- 2016: As novas narrativas dixitais estarán presentes no III Festival Carballo Interplay
- 2016: Máis de 120 proxectos de todo o mundo estarán no III Festival de Webseries Carballo Interplay
- 2016: O Interplay aposta polos contidos en galego e crea un premio de 1.500€ para a mellor webserie.
- 2016: O “pioneiro” festival internacional Carballo Interplay xa conta co apoio da Deputación.
- 2016: O III Carballo Interplay quece motores co FormaCIP.
- 2015: O Carballo Interplay, os Óscars 2.0:
- 2015: Arrinca un desenfadado Festival Interplay para poñer Carballo no centro das miradas do audiovisual.
- 2015: O Festival Interplay, unha regueifa audiovisual de vangarda.
- 2014: As mellores webseries de España, premiadas no Carballo Interplay.
- 2014: Carballo prepara a cámara para convertirse na Sundance das webseries.