Sábado. 20.04.2024
El tiempo

SoandoconForza: Pequeno gran cuestionario a Xabier Graña co gallo do 24º Xiria Pop

Presentacion do Xiria Pop 2021
Xabier Graña, segundo pola esquerda, xunto con Marcos Trillo, Maruxa Suárez Cotelo e Evencio Ferrero durante a presentación oficial desta edición do Xiria Pop
SoandoconForza: Pequeno gran cuestionario a Xabier Graña co gallo do 24º Xiria Pop

24 edicións ben merecen a pena para conversar co xefe do Xiria Pop. E ese non é outro que Xabier Graña. Facémoslle un pequen cuestionario:

 
  • M.P.C: A primeira banda que conseguiches traer ó festival despois de levar tempo detrás de ela?

Roy Loney, non é que o tentase varias veces, pero si que llo tiña suxerido a unha axencia varios anos e finalmente puido ser.

 
  • M.P.C: O grupo que máis te soprendiu?

Non podo dicir que me sorprendesen, se veñen é porque esperamos moito deles, pero si acaso, os Ginnels, recordo tamén entusiasmado a Ignacio Juliá.

 
  • M.P.C: A que máis te decepcionou?

Os Fucking Bollocks.

 
  • M.P.C: Que banda que pasase polo Xiriapop alcanzou máis éxito?

Máis carreira Cooper, máis éxito de público, creo que os Sunday Drivers, cando tocaron no Xiriapop arrasaron, e como non tiñan moito repertorio, remataron tocando a Led Zeppelin.

 
  • M.P.C: O grupo que máis veces actuou no festival?

O grupo que máis veces tocou no Xiriapop foi Biscuit, que o fixo tres veces; Los Chicos, Cooper, Niño y Pistola e La Granja en dúas ocasións.

 
  • M.P.C: Que grupo desexarías ter no festival?

Graham Parker.

 
  • M.P.C: Que banda foi a máis problemática de traer ó festival?

Javier Escovedo.

 
  • M.P.C: Algunha cancelación dolorosa? Algunha banda que caese do cartaz a última hora?

Os fantásticos The Zombies, que xa co cartaz impreso, dixeron que non podían vir porque a Colin Blunstone lle xurdira unha voda.

 
  • M.P.C: Algunha banda que andiveras detrás de ela para o Xiriapop e non a conseguiras traer e que acabase triunfando?

Non lembro ningunha, debe ser que por iso non son A&R de ningunha compañia discográfica.
(O A&R de unha compañía discográfica é o responsable do descubremento de novos talentos).

 
  • M.P.C: Están o pop e o rock en horas tan baixas como parece ou aínda teñen acordes para rato?

Os acordes son case que infinitos, público que os atenda xa parece outro cantar. De feito, entre o público non parece haber moita canteira, nen sequera se apoian moito entre os propios músicos máis mozos.

 
  • M.P.C: Que anda Xabier Graña escoitando ultimamente, sen ser bandas de esta edición do Xiriapop?.

Unha banda inglesa nova que descubrín a semana pasada, The Pre-Amps. Tamén merquei recentemente os dous discos que non tiña de Michael Kiwanuka.

 
  • M.P.C: Algunha recomendación musical? Algunha banda nova que penses que teña bastante calidade e merezca a pena pararse con ela?

Por poñer unha banda galega que me parece boísima e que canta en galego, “Os Amigos dos Músicos”.

 
  • M.P.C: Que banda pensas que vai ser a revelación de esta edición?

Eu creo que The Brosas vanlle voar a cabeza a todos.

 
  • M.P.C: Que grupo de pop non entendes que teña tanto éxito? Non vale Rosalía, nen ningún artista de Trap.

Non detesto a ningunha banda de pop, non me resultan simpáticos algúns persoeiros, pero non detesto a ningún, un que me aburre moito é Iván Ferreiro, eu non tentarei traelo ao Xiriapop, pero nin sequera me cae mal.

 
  • M.P.C: Tres festivais que lle gusten a Graña? Ou tres festivais que recomendes.

Festivais que me gusten... non son de festivais grandes, non fun a ningún, a min gústame o Feliciapop e o Fa Ce La fest, con plantexamentos similares ao noso.

 
  • M.P.C: A banda sonora de Xabier Graña, 10 cancións que penses que te definen.

Non teño memoria para cancións, pero vou escoller unha, que quizais sexa a MIÑA CANCIÓN, é AMERICAN GIRL de Tom Petty, que creo que é unha combinación perfecta de R&R e Pop, ten unhas guitarras tan características…. bastante tempo despois de que saíse American Girl, Oscar Quant, músico colaborador do Xiriapop, mercou un pedal de guitarras que un dos efectos que tiña eran os sons das guitarras dos estribillos de American Girl.

 
  • M.P.C: O concerto o que asistises que máis che impactou ou te marcou?

A saber porque si botamos contas, estou indo dende aproximadamente os 18 anos a concertos, teño 59, quere dicir que xa vin uns cuantos, seguro que hai moitos que me marcaron e xa non lembro, pero por poñer un, o de Graham Parker en Londres cando volveu de vivir nos USA, nun teatro de aforo mediano, ben adiante e el cos RUMOUR, algunha bágoa agromou por aí.
Tamén estiven no mítico concerto dos Rolling Stones no Calderón.

 
  • M.P.C: Despois de ter edicións no Pub Bule Bule, na discoteca Vulcano (antiga Mikro), na cervecería Dublín, no Pazo da Cultura e o Casino, tes argallado para a vixésimo quinta edición do festival algo especial? Por exemplo unha edición ó aire libre?

Gostaríame seguir no Casino, pero non vou negar que para a XXV edición tamén me gustaría traer, dentro dos nosos presupostos - non os económicos, os artísticos-, algo que chamase a máis público, e si, non descarto nada.

 
  • M.P.C: Se todo volve a normalidade, teñen futuro os concertos en salas?

Se eu o soubese… do que estou convencido é de que os grupos teñen que asumir os riscos xunto coas salas, as salas non poden pagarlle cachés a calquera banda.

 
  • M.P.C: Unha compañeira ou compañeiro de Rock and Roll ó longo de todos estos anos?

Xoán Ramón, precisamente despois de varias festas de balonmán con grupos locais e de A Coruña, comenteille que tiñamos que facer algo mellor, a resposta de Xoán Ramón foi máis ou menos: “encárgaste ti?”, o resultado é evidente cal foi…

Novas relacionadas

 

#SOANDOCONFORZA

Comentarios