Unanimidade no Parlamento para acabar coa praga de térmites do IES Alfredo Brañas

Ademais do acordo para realizar as obras de rehabilitación do Salón de Actos, ao IES Alfredo Brañas pásalle de todo. Unha praga de térmites ameaza a fachada do centro. O centro volvía copar uns minutos no Parlamento Galego, da man do BNG, e foron todos os partidos os que apoiaron por unanimidade unha moción para acometer “coa máxima celeridade” a eliminación da praga de térmite do do IES Alfredo Brañas de Carballo, que provocou a caída do teito do seu salón de actos no ano 2021 e leva tres anos agardando pola acometida de accións técnicas
contra esta couza, así como do arranxo da propia fachada do centro, da cal desprendéronse varios cascotes.
Dende o BNG lembraron os máis de 2 anos de retraso por parte da Xunta en afrontar o problema, feito que non fixo máis que empeorar a situación.
NOVAS RELACIONADAS
- Marzo 23: Adxudicadas as máis necesarias obras do auditorio do IES Alfredo Brañas
- Outubro 22: O Salón de Actos do IES Alfredo Brañas será remodelado para o inicio do curso 23-24
- Outubro 22: Volven a levar o lamentable estado do auditorio do IES Alfredo Brañas.
- Abril 22: A Xunta compromete 230.000 para a reforma do Salón de Actos do IES Alfredo Brañas.
- Marzo 22: A Xunta arranxará o salón de actos do IES Alfredo Brañas “cando haxa dispoñibilidade orzamentaria”.
- Novembro 21: O BNG carballés esixe actuacións urxentes no esfolado Salón de Actos do IES Alfredo Brañas.