A Costa da Morte en clave de rap co carnotán Yeray Vázquez

Hoxe que estamos en clave musical anunciando a presentación da Asosiación Cultural Rebumbio da Costa, queremos deixarvos o noso último descubrimento en materia sonora. Chéganos do Pindo, e o fai versando en clave de rap, como o seu veciño ceense Leö Kch.
O carnotán Yeray Domínguez Vázquez ten só 22 anos pero xa leva 4 rapeando e máis de 10 escoitando todo hiphop que se cruce polo camiño. The Game, Snoop Dog, Cypress Hill, Wu Tang Clan e todo o rap da vella escola pasa polos seus cascos, e do panorama español destaca Celedonio, Jay Hernández e xente dese calado.
Foi precisamente coa maioría de idade, cando atravesaba momentos complicados da súa vida, cando xurdiu a necesidade de desafogar, e a música botoulle unha boa man.
Cuns amigos da Coruña comezaron a rimar para sacar o lixo de dentro sen meterse en líos. "Se algo te gusta creo que debes aínda que sexa intentalo", comenta animado e contento por ter dado ese paso.
Hoxendía xa ten grabados varios temas, coa axuda de Emilio e Gabito nos Mallos, na Coruña. A falta de medios non se notan coas producións, cheas de forza e rabia, na que as letras son as protagonistas, como non podía ser doutro xeito.
Aí si que se nota a súa procedencia. "Esta es mi Tierra, a Costa da Morte" ou "O Pindo" son varios dos temas que Gabito e Yeray teñen realizado.
"Eu o único que quero con esto é que me escoiten, que escoiten o que o penso, e o que sento. A mensaxe do novo tema sobre a Costa da Morte en parte é porque a xente non lle dá aprezo á nosa terra, ao que ten, e cando estás vivido fóra, esas cousas as notas, e botas de menos ese monte e esa praia", comenta.
Así que quedades co O Pindo do bo de Yeray:
Máis información
Novas relacionadas
- O Rebumbio da Costa comezará a faserse oír con concertos en Camariñas e Corcubión.
- Ata o 26 de febreiro, aberto o prazo para solicitar actuacións na Rede Cultural da Deputación.
- Un Rebumbio para dinamizar a música na Costa da Morte.
- De premio, a gravación dun disco.
- Valarés prepara xa o seu festival de reencontros.
- Mazaricos porase no panorama electrónico europeo co Fermaz Festival.
- Leö Kch berra en silencio polo Monte Pindo.
Outras novas festivaleiras
- Escolma de bandas costeiras – A Axenda Sonora da Costa da Morte segue crecendo.
- Verbena galega, outro xeito de facer festa con música do país.
- A música ghalegha daghora está “On the road”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
