A costa de Lira recibirá a limpeza da marea branca


Nova xornada para limpar os grans de area. I é que estas xornadas medioambientais ao estilo marea branca levan celebrándose dende abril por toda o litoral da Costa da Morte. Desta volta voluntarios do Prestige e a Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia (Asoar – Armega) en colaboración co proxecto Galicia en Color– Rede de Reencontros 10 anos despois organizan para este sábado 10 de agosto una nova limpeza na zona sur de Lira, en Carnota.
Como dicimos os primeiros reencontros producíanse na presentación da campaña o pasado abril en Fisterra, despois da cal Asoar – Armega e o voluntario Sven Shwebsch uniron esforzos para organizar e promover xornadas e actividades en diversos areais da Costa da Morte.
Preto de corenta persoas participaron nas tarefas de limpeza nas praias do Rostro (Fisterra), Nemiña, Touriñán (Muxía) e Lariño en Carnota. Será a este último concello a onde volverán os voluntarios e voluntarias a traballar esta fin de semana. Segundo o presidente de Asoar, Luís Rodríguez, este sábado pola mañá o grupo estará na zona sur de Lira, divididos por equipos para limpar tanto praias como boleiras, unha zona na que xa traballa, entre semana, o voluntario do Prestige Sven Shwebsch.

Datos da quedada voluntaria
- ONDE: Zona sur de Lira, Carnota.
- PUNTO DE ENCONTRO: Ao lado da piscifactoría.
- HORA: 11:00
- PODE ASISTIR: Calquera persoa de diferentes idades con gañas de compartir experiencias con persoas de inquietudes semellantes.
- DEBEN LEVAR: Roupa cómoda, Asoar –Armega e Sven proporcionarán guantes e bolsas de lixo. Se queren pasar alí o día deberán levar o seu pic-nic.
Novas relacionadas
- Limpando os grans de area.
- A Costa da Morte implícase coas Xornadas Medioambientais e fai unha nova limpeza no Rostro.
- Os Voluntarios seguen a limpar as praia da Costa da Morte.
- “Hoxe, limpamos outro Prestige”.
- Entrevista con Nacho Castro: “Sen os voluntarios…, morremos”.
- Unha documental de Isabel Coixet con acento da Costa pola Marea Blanca.
Máis novas
Os voluntarios que cambiaron a Costa
- Os voluntarios que cambiaron a Costa: Sole Méndez.
- Os voluntarios que cambiaron a Costa: Isaac.
- Pepita, a primeira voluntaria do Prestige.