martes. 22.04.2025
El tiempo

A Esmu saca a súa música á rúa por Semana Santa

A Esmu saca a súa música á rúa por Semana Santa
20 anos de Escola de Musica Esmu Carnota

Seguen co programa de actividades polo seu 20 aniversario i é que esta Escola Municipal de Música non para. E por Semana Santa sacará a música á ésta á rúa. Unha selección de actuacións de alumnos/as e exalumnos/as da Esmu tocarán a “pé de calle” o xoves 02 de abril na praza de Carnota, no marco da Mostra VíndemoVer, a partir das 17:00h da tarde.

Será un concerto distinto e moi variado, con máis de 20 actuacións de estilos moi variados. Ademais o escenario será inmellorable como é a praza de San Gregorio. Haberá photocall que quedará para a lembranza e un mural conmemorativo repasando os seus 20 anos de historia. Será unha boa oportunidade para escoitar e observar o traballo desta gran Escola.

As actuacións previstas son as seguintes:

  • Orquestra Orff: Os piratas do Caribe.
  • Carlos Cortizo (batería): Play along 2.
  • María Gómez (acordeón): Triste e soa.
  • David Caamaño (gaita): Bufo do demo.
  • Iniciación Musical e 1º LM: O home de barro.
  • Rebeca Lema (piano): 1º mov. Sonatina nº 1, Clementi.
  • Fran Rodríguez (gaita): Fisterra.
  • María Riveiro (saxofón): The Pink Panter, H. Manciny.
  • Javier Lago (batería): Back in black, AC DC.
  • Mara Lestón (piano): Estudio nº 1, Lemoine.
  • Lucía Carballo e Rebeca (guitarras): Simple Gifts.
  • Paula Allo e Andrea Pérez (canto): Boots are made for walking, N. Sinatra.
  • Ariadna Morenilla e Noelia Casais (guitarras): No voy a cambiar, Malú.
  • Combo nenos/as: When the Saints.
  • Claudia Ovies, Alejandra Senande, Alba García (canto): La vida es bella.
  • Hugo Riveiro: Highway to hell!, AC DC.
  • Xurxo Trillo (canto): A thousand years, C. Perry.
  • Coso Carnobrigo: Miraxe na Boca do Río.
  • Lichi e Kiko: Unha volta de boa música aos anos 80.
  • María Gómez e Jesús Gómez, acompañados do seu avó (acordeóns): Camariñas.
  • Grupo de guitarras: Nothing else matters/ Tears in heaven.
  • Elda, Lola e MariLuz (gaita e pandeiretas): Pasodobre e Muiñeira.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios