En marcha o proxecto de sinalización e mellora da seguridade no Monte Pindo

Moita polémica houbo este verán arredor dos sendeiros do Monte Pindo, e os polo menos 3 rescates que houbo que realizar. Unha problemática provocada polos retrasos burocráticos da Xunta de Galicia, que non conseguiu acondicionar as rutas ata principios de outubro.
Ante esta situación, e tendo en conta que o Concello non ten potestade para actuar nos terreos, é a Deputación a que toma o relevo, tralo proxecto, moi ben deseñado e moi completo, proposto dos concellos de Mazaricos, Dumbría e Carnota. Un proxecto que ademais proponse obter a certificación deste espazo como destino de turismo científico Observer.
Imaxe da reunión entre concellos e Deputación
O obxectivo fundamental do proxecto é a sinalización e mellora da seguridade do Monte Pindo coa finalidade de evitar situacións de visitantes que se extravían nesa contorna, máis tamén a mellora da calidade turística do espazo. “Temos que ter en conta que o Monte Pindo é un recurso de primeira orde tanto da provincia como de toda Galiza, cunha compeñente xeolóxica moi potente e cunha tradición oral e unha mitoloxía riquísimas, que cómpre ordenar e poñer en valor como un produto turístico de cara a configurar paquetes e comercializalos no mercado” asegurou Xosé Regueira tras a xuntanza.
O vicepresidente da Deputación tamén indica que “o propio Monte Pindo xunto coa fervenza do Ézaro é un recurso paisaxístico mundialmente coñecido, polo que ademais da sinalización e da mellora da seguridade tamén vemos neceario ordenar o acceso de cara a evitar unha presión excesiva sobre estes recursos naturais”.
Acordaron marcar un prazo ata xanerio de 2022 para avanzar na tramitación administrativa do proxecto e posteriormente comezar a escalar as diferentes fases.
Novas relacionadas
- Outubro 21: As rutas do Monte Pindo volven estar accesibles... cando remata o verán.
- Agosto 21: Novo rescate no Monte Pindo.
Patrimonio Pindexo
- O Modesto Patrimonio: Monte do Pindo, o remedio natural para rebaixar o colesterol.
- O Modesto Patrimonio: Subida ó Pico de Peñafiel do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A toponimia do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: O topónimo: O Pindo ou Monte Pindo?.
- O Modesto Patrimonio: Explorando a toponimia dos camiños do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Cabana das Chozas, outra Caverna dos refuxiados no Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Furna do Río da Barco.
- O Modesto Patrimonio: Fonte Mateo e A Cova dos Morcegos no Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Cova da Pendente do Monte Pindo.
- O Modesto Patrimonio: Os muíños do Monte do Pindo.
- Con Pepe do Fieiro redescubrindo os tesouros do Monte Pindo.
- Pepe do Fieiro: “Dicían os nosos vellos…”.
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 1).
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 0).
- Da Raínha Lupa á Cova da Xoana, pasando por Duio, con Pepe do Fieiro.
- Os muíños do Monte do Pindo, por Modesto García Quintáns.