Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Entroido Costa da Morte, primeiro asalto

Entroido Costa da Morte, primeiro asalto

Quedan aínda varios asaltos de Entroido costeiros, a golpe de luns, martes, mércores e fin de semana de enterros. Nós, de feito, estaremos luns en Vimianzo e martes en Fisterra como xurado.
Pero o primeiro asalto xa tivo lugar, e foi superado con éxito a pesar do tempo. Moitas cousas impresionantes, como un entroido dumbriés de primeira (con empate e todo entre as comparsas de Buxantes e Lires), un inicio do entroido muxián que espera polo percebe, a celebración en varios centros, ou unha cita en Lira que será recordada por moito tempo.

Primeiro entroido científico en Lira

Primeiro Entroido Científico en Lira-Foto- Certo

A vila carnotá acollía un entroido pasado por ciencia, e cando mesturas ciencia e humor sae un cóctel tremendo. O Punto Científico, coincidía co entroido liracho e deu para moito, como podemos ver na completa crónica que fixeron os veciños do Xornal Certo.

Un entroido que incluíu unha visita á Torre dos Mouros, e que rematou mesturando bromas e bacterias como nunca. O que dicimos, non perdades a crónica de Certo.

Quentando motores en Fisterra

A granxa Desauciada en Fisterra

A pesar da pouca participación de comparsas (só hai 3) este ano no Entroido de Fisterre foi un dos anos en que houbo unha gran participación e animación dos veciños nas dúas actividades celebradas esta fin de semana. Comezaron o sábado co desfile das comparsas participantes acompañadas da Banda de Gaitas O Rumbo de Sardiñeiro e coa lectura do Pregón do entroido fisterrán 2013 a cargo de Jorge Mira o cal comparou o Entroido de Fisterra co entroido de Brasil.

Moitos veciños e visitantes acercáronse a tarde do sábado a praza da Contitución a escoitar as súas palabras e a desfrutar da festa que montaron as tres comparsas participantes no medio da praza danzando as cancións que están de moda.
E na tarde do domingo o tempo non acompañóu polo que o Concurso Infantil de Distfraces realizouse no pavillón municipal. Foi moita a participación infantil no mesmo onde este ano foton 4 grupos os que se presentaron na categoría de grupo. Fóron dúas horas e media cheas de música, bailes, canción sonde os máis pequenos e os seus país bailaron durante toda a tarde.

Os premios estiveron moi reñidos onde houbo mioto nivel e o xurado o tivo moi difícil. Na categoría individual a premiada foi Ángela Fábregas disfrazada de Vedette, unha nena que a parte do seu bonito disfraz ten moita arte.
Na categoría de parellas e tamén moi merecido Elena e Catalina disfrazadas de enfermeiras que con tan só 2 e 3 anos enamoraron ao xurado.
E na categoría de grupos as gañadoras foron a comparsa “Ala vai o xuju”, Un grupo de Majoret que deixaron unha gran mensaxe na tarde do domingo dicindolle ao público que se animen e que se presenten máis comparsas porque sinón Ala vai o entroido, Ala vai o xoju.

Agora so toca esperar que o tempo acompañe para este martes no concurso de comparsas máis tradicional da costa da morte. Será ás 6 da tarde na praza da Constitución pero no caso de mal tempo realizaráse no pavillón.

Entroido Ghañán en Íntegro

O pasado venres tivo lugar a festa de Entroido 2013 de ÍNTEGRO, houbo baile, xogos, paiasos e actuación sorpres dos Ghañan Style que foron o xurado do concurso de postres!!! Houbo unha alta participación. A xornada rematou con unha merenda cos postres do concurso. Uns Ghañán Style que estarán no martes de Entroido de Cabana.

Ademais, hoxe luns, 11 de febreiro ás 16,30 h. celebraremos en APEM a festa de entroido. Este ano a temática será o circo e nas actuacións participarán un grupo de alumnos do Colexio Manuela Rial Mouzo, usuarios do noso servizo, profesionais, familiares e amigos.

Un entroido comparseiro en Ponteceso

Espectaculares as comparsas no entroido do IES de Ponteceso. Non perdades ollo:

Festa no cole de Sofán

Este ano a temática do entroido do CEIP de Sofán foi as do castrexos!! Dende infantil ata terceiro ciclo se convertiron nun castro completo, con pescadores e mariscadores, agricultores e gandeiros, oleiros gereiros e ata druidas... Todo aproveitando que están nun proxecto integral sobre a vida dos nosos ancestros.

Máis información

Entroidos da Costa

Fonte

Comentarios