As familias do CEIP O Pindo non ceden e manteñen a folga
Teceiro dia consecutivo de folga no CEIP do Pindo. As familias manteñen o pulso ante os recortes da Xunta e seguen sen levar os nen@s ao cole. Ademais, realizaron unha potente acción, aproveitando a nova concentración de protesta, colocando as mochilas baleiras de novo ás portas do centro.
”@s nen@s teñen dereitos e representámolos traendo as súas mochilas, o seu calzado e un cartel co seu nome, facendo a fila simbólica de entrada no patio do cole”, explican dende a ANPA.
As valentes protestas das familias (co complicado que ten resultar tendo en conta a conciliación) contan co apoio de toda a comunidade educativa, da veciñanza e tamén dos concellos de Dumbria e Carnota.
As esixencias
A ANPA presentaron unha nova petición de reunión urxente coa Conselleria, solicitando que se dote de forma inminente ao centro co persoal necesario para un correcto funcionamento do centro, pois seguen sen recibir “respostas claras”, a pesar de que a Dirección Territorial de A Coruña respondía o pasado 19 de setembro un correo da ANPA.
A ANPA esixe dotara de máis horas de profesionais especializadas a unha Mestre/a de Pedagoxia Terapéutica (P.T.) trala reducción de 10 horas o curso pasado ás 5 actuais; e un Mestre/a de Audición e Linguaxe (A.L.), pois o ano pasado contaban cun especialista 10 horas á semana pero este ano 0. “Tendo en conta as necesidades do centro, é necesario que se dote dunha praza de A.L. a horario completo, que poida compensar a drástica reducción de horas de P.T. Entendemos que dende a súa consellería esto foi valorado como necesario e viable, por iso se informou fai semanas ó centro de que se asignaria unha praza de A.L., pero a 20 de setembro, seguimos sen contar con ela.”, explican.
Piden tamén a dotación do Persoal Auxiliar Coidador, asignado/a de forma estable e durante toda a xornada escolar, que poida garantir a seguridade e atención personalizada do alumno.
A comunidade educativa do Pindo pide a implicación do resto de ANPAS da comarca, tendo en conta que son moitos os centros da Costa da Morte que levan anos sufrindo os recortes da Xunta.