Lariño celebran a primeira vitoria coa apertura do entorno do Faro por parte de Portos
Se cando un protesta, é máis que posible que o escoiten. Así está a acontecer en Lariño, onde o Concello de Carnota e a AAVV Insua de Lariño levan un mes en pé de guerra para Salvar o Faro de Lariño e convertelo nun Eco-Centro.
Polo de pronto, despois dunha gran actividade mediática, xa están a celebrar a primeira pequena vitoria, pois durante unha reunión entre Portos e veciños, a delegación carnotá logrou arrincarlle a Portos o compromiso de que abrirá o entorno do Faro ao público, medida que se fará efectiva na próxima semana mediante un Convenio polo que Concello e veciños colaborarán, ademais, coa conservación e o mantemento deste novo espazo público do que disporá o Concello de Carnota.
Os veciños consideran “chave” este paso, pois a zona leva pehcada dende que o último fareiro abandonou o Faro.
Seguinte paso, a cesión
Pero se os veciños venceron o primeiro, parece que vai ser un partido a 5 sets, falando en termos tenísticos. Son conscientes de que queda moito por facer. E a primeira oferta de Portos é bastante difícil de manter: A Autoridade Portuaria asegura para ceder a utilización do Faro a calquera actividade cobrará un canon de 14.000 euros anuais, ao que habería que sumarlle un 8% dos beneficios en caso de albergar algunha actividade que xere ingresos económicos.
Unhas cifras que alteran aos veciños, cando a iniciativa só pretende recuperar para o disfrute de toda a sociedade un edificio que leva anos en desuso e que ademais ameaza ruína, sen necesidade de afectar en absoluto a súa actividade orixinaria pois coa automatización só emprega a torre da lanterna.
Aprazada a xornada de portas abertas
Por outra banda, a Autoridade Portuaria non autorizou de momento a xornada de portas abertas que os veciños querían levar a cabo este mes. Unha visita que poderá ser en masa ou por grupo reducidos, para intentar que a Xunta axilice este trámite o máis posible.
Máis información
Novas relacionadas
- Unha BTT solidaria para salvar o Faro de Lariño.
- A bitácora da semana (CCLX): Salvemos o Faro de Lariño.
- Os veciños de Carnota queren salvar o Faro de Lariño.
Novas relacionadas
- Vimianzo e Dumbría soben á bici en setembro.
- 8 Concellos participan no I Circuito de Carreiras Populares Costa da Morte.
- A Carreira das Areas batíu todas as marcas.
- Vimianzo e Dumbría soben á bici en setembro.
- 7 heroes completan o Ultratrail Camiño dos Faros.
- 2013: Grande a XXII Carreira das Areas en Carnota.
- 2012: 118 corredores disputaron a máxica Carreira das Areas de Carnota.
- 2011: A Carreira das Areas triunfou un ano máis.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).