mércores. 30.04.2025
El tiempo

Lola Rontano mantén viva a xira de presentacións da súa novela por Carnota, Coruña e Bergantiños

Lola Rontano en Carnota
Lola Rontano en Carnota
Lola Rontano mantén viva a xira de presentacións da súa novela por Carnota, Coruña e Bergantiños

Continúa a nosa Lola Rontano coa súa xira de presentacións da súa última novela: “Esperta do teu sono”. Unha novela que recolle a loita social arredor do proxecto da mina de ouro de Corcoesto acontecida a comezos da pasada década na comarca de Bergantiños.

Este sábado pasado tomou o vermú coas “vermulibreiras” da Libraría Chorima na Praza da Pedra de Carnota, e estes vindeiros 1 e 2 de agosto estarán asinando libros na Feira do Libro da Coruña.

O día 1 estará presentando a obr con Isabel García da Plataforma Mina Touro O Pino Non e mais Fran Alonso e o 2 estarán ás 19:00h na caseta 19 da Libraría Bandini asinando exemplares.

Non serán as únicas citas, pois xa ten axendadas máis presentacións en Bergantiños, Lugo e Vilagarcía e alí onde a conviden.” A causa da xustiza ambiental segue candente”.

Lola Rontano na Libraria Badini

Máis novas

Outros artigos de Lola Rontano en QPC

Comentarios