Martes. 30.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte e a ecoloxía, os protagonistas de “Esperta do teu sono”, a nova novela de Lola Rontano

Libro Lola Rontano-Esperta do teu sono
A Costa da Morte e a ecoloxía, os protagonistas de “Esperta do teu sono”, a nova novela de Lola Rontano

Este vindeiro 18 de xaneiro xa estará nas librarías do país o novo libro de Lola Rontano. A nosa mestra e “artivista” de referencia (membro de Contramínate), lanza a súa nova novela “Esperta do teu sono”, na que a Costa da Morte e a ecoloxía son protagonistas.

Despois da premiada primeira novela ”Austroatlántica. La Argentina que Dios quiere”, Lola convirte a loita contra a mina de ouro de Corcoesto nunha novela de intriga onde o activismo social é parte fundamental. De aí ese título que nos invita a saír do noso soño social, da nosa pasividade como colectivo, a romper con ese #écheoquehai que a sociedade galega ten tan enraizado.

Esta novela ten un aquel especial, pois está concibida en galego, unha auténtica demostración de vontade desta murciana “neofalante” que quedou en Laxe tras vir coa marea branca do Prestige. Agora impúxose este “desafío” como conta nunha entrevista para “Biblios”. "A novela contén moitísimo diálogo, non me imaxinaba os diálogos noutra lingua que non fose o galego”, explica, facéndonos lembrar os divertidos episodios de Lady Chorima nas columnas de QPC.

Lola sitúa a loita en Vila Amparo, un porto de mar da Costa da Morte, onde vivien un bibliotecario, dñuas profesoras, unha reposteira, un percebeiro Urbano, varios mestres xubilados, e unha peixeira, como protagonistas dun grupo veciñal que se enfronta a toda unha multinacional mineira, e sobre todo, á vontade económica de todo un pobo vendido a unha ducia de postos de traballo.

Presentacións

Xa temos as primeiras datas de presentación. A Libraría Biblos de Betanzos acolle a primeira estrea o 7 de febreiro ás 19:30h, en compañía de Carmela González e de Victoria Penide Lope.
O 8 de febreiro a cita será en Corcubión trala invitación do Concello, nunha cita na Capela do Pilar.

Novas relacionadas

Algúns artigos de Lola Rontano en QPC

Comentarios