Lola Rontano, a nosa mestra e “artivista” de referencia (membro de Contramínate), lanza a súa nova novela “Esperta do teu sono”, na que a Costa da Morte e a ecoloxía son protagonistas. E aquí temos o seu book trailer, para coñecer un pouco mellor de onde nace este singular traballo, vinculado directamente coa loita social acontecida en 2012-2013 contra a mina de ouro de Corcoesto.
E precisamente Corcoesto será o primeiro punto no que Lola debulle a súa novela. A cita será este sábado, 27 de xaneiro, ás 16:00h da tarde no local social de Cures, na parroquia de Corcoesto, nun reencontro lúdico reivindicativo.
MÁIS PRESENTACIÓNS
O 6 de febreiro hai cita en Compostela (Libraría Couceiro) ás 19h.
A Libraría Biblos de Betanzos acollerá a seguinte estrea o 7 de febreiro ás 19:30h, en compañía de Carmela González e de Victoria Penide Lope.
O 8 de febreiro a cita será en Corcubión trala invitación do Concello.
NOVAS RELACIONADAS
- Xaneiro 24: A Costa da Morte e a ecoloxía, os protagonistas de “Esperta do teu sono”, a nova novela de Lola Rontano.
- Setembro 19: Lola Rontano presenta a súa novela cun booktrailer.
- Decembro 18: Lola Schuzt recolleu o Premio Torrente Ballester pola súa novela "cortaziana”.
Algúns artigos de Lola Rontano en QPC
- Soño da mentira e da inconstancia.
- A Providencia é unha ludópata (Conservas de verán 3)
- Un abrigo infinito (Conservas de verán 2)
- Conversas de Verán (I).
- Consuelo e Antoine de Saint-Exupéry.
- As terrazas de Camariñas.
- As tetas e o paraíso (donas lliures)
- Bolivarianos en Gotemburgo.
- 'Mediterrantes' en Suecia.