Xoves. 10.10.2024
El tiempo

O Monte Pindo pide Socorro!

O Monte Pindo pide Socorro!
SOS Monte Pindo

O 1 de novembro arrincará o novo proxecto de recuperación artellado pola Asociación Monte Pindo Parque Natural. A iniciativa SOS Monte Pindo pretende facer realidade á necesidade de traballar no terreo, sen ter que esperar os parches en forma de palla das administracións.

Aínda non sabemos en que consiste o proxecto SOS Monte Pindo pero contará cosa colaboración dos voluntarios de todo o país, e de toda a bisbarra, que de seguro dan a cara ante a grave situación na que se atopa o Olimpo Celta.

Esta semana viamos como as cinzas xa contaminaban o mar mentres a Xunta non responde ás peticións da Asociación de reunirse para tratar, con urxencia, a grave situación.

Cinzas no mar do Ezaro-Foto-David Trillo Gallego

Charlas informativas para todos

Polo de pronto o asunto está servindo para poñer enriba da mesa a problemática, e as posturas entre grupos veciñais poida irse achegando. Así, o vindeiro sábado 9 de novembro ás 17:00 horas no Colexio do Pindo, terá lugar unha charla informativa na que poderán asistir e debatir os que queren o Parque Natural e os que non.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios