Recuperando o camiño das peixeiras para cruzar o Monte Pindo


Fantástica a proposta veciñal para seguir recuperando o patrimonio etnográfico do Olimpo Celta de Otero Pedraio. Mentres os apoios para a catalogación do Monte Pindo como Parque natural seguen aumentando, aínda quedan moitos tesouros por descubrir entre as rochas graníticas da mole.
Un deses tesouros é un "antigo camiño ao Fieiro", ou como queren chamalo o "Roteiro das Peixeiras", usado sobre todo polas veciñas as peixeiras do Pindo, e como non, polas xentes do Fieiro e arredores para vender pola costa ou para viaxar a Cee, unha vez cruzado na barca antes de facerse a ponte que une O Pindo e o Ézaro". Así nolo conta Joaquín Pais, un dos valedores da recuperación da ruta, que xa leva 4 domingos rubindo o monte para limpar o camiño.
Un camiño con historia

Joaquín tirou dos pesos pesados da vila para coñecer a ruta. Quen mellor que Pepe do Fieiro para lembrar por onde subían as peixeiras. Este home sabe de todo e xa foi protagonista dunha documental da Produtora Faro sobre as covas dos agochados no franquismo, que tamén estamos recuperando dende esta casa.
Pepe é do lugar do Fieiro, no Concello de Mazaricos, na entrada pola parte traseira do monte, e ademais está casado no Ézaro. "De rapaz", cóntanos Joaquín, "tanto el como o seu pai tiveron cabras no monte e coñece cada pedra polo seu nome. E que vou dicir das anécdotas que vai contando... Hai pouco precisamente falamos de cando as mulleres do Pindo viñan cargadas cas súas caixas de sardiñas á cabeza, subindo por unha laxe empinada que el lle chama laxe Miravel, e que as xentes do Pindo lle chamaban laxe dos cabalos. Dicía el que cando subían cargadas e baixaban cargadas era boa sinal pois aparte das sardiñas que poideran vender algunhas trocavánas por ovos por millo ou por patacas", conta Joaquí sobre o saber de Pepe.
Xornadas de voluntariado de limpeza
O caso é que para recuperar o camiño ata arriba, precisaríanse varias sesións de limpeza. A idea primeira é a de abrir o camiño dende O Ézaro para subir a Peñafiel emais a Cova da Xoana, ou para baixar tras subir á Moa dende O Pindo.
Despois de abrir este camiño e si a xente se anima, poderíanse abrir outros dous alternativos: un que sería polo norte, que empezaron a utilizar as xentes que segundo Pepe, traballarón na construción do peirao do Pindo; e outro sería polo sur que usaban cando tiñan que subir con cabalo.
O caso que o propio Joaquín invita a todo aquel que queira a quedar este domingo entre as 9:30h e as 10:00h na antiga canteira que hai do lado carnotán da ponte do Ézaro, armados con un mochila, un pouco de auga, unha camiseta de repuesto, uns guantes para os toxos, e un machéte fouciño ou algo que se lle pareza, para poder limpar entre todos o "Roteiro das peixeiras".
Ademais, a Asociación Monte Pindo Parque Natural confirma que colaborará coa xornada de limpeza.
Novas relacionadas
Outras novas relacionadas
- A Neria únese á reivindicación do Parque Natural Monte Pindo.
- Roteiros homologados na Costa da Morte?.
- A Xunta dá un paso adiante cara á declaración do Monte Pindo como Parque Natural.
- Dumbría apoia a manifestación do Parque Natural Monte Pindo que partirá da Fervenza do Ézaro.
- A Costa da Morte manifestarase o 14 de abril por un Monte Pindo Parque Natural.
- O Monte Pindo non será parque natural…por agora.
Máis novas
- A Xunta aproba os 3 novos saltos no río Xallas.
- Un ano de recollida de sinaturas a prol da declaración do Monte Pindo como Parque Natural.
- Da perfecta sintonía entre o Río Xallas e o Monte Pindo.
- II Simposium Monte Pindo: Por que temos que coidar o Monte Pindo?.
- Un Parque Natural case centenario.
- Unha poesía inédita de Vicente Risco e Otero Pedraio sobre o Monte Pindo.
- Que fai unha pedra de “lapislázuli” no Monte Pindo?.
- Subindo, en bici e en primeira persoa, á Moa.
- Monte Alto conquista o Monte Pindo.
- Descobren un terceiro castelo no Monte Pindo formando unha gran fortaleza amurallada.
- Poemas para o Monte Pindo.
- Atacan con pintura a excomuñón de Penafiel no corazón do Monte Pindo.
- Fotodenuncia: Pintadas no Monte Pindo.
- Recuperando a historia da Ermida do Monte Pindo.
- A bitácora da semana (CXXXIII): Laberinto Atlántico.
- III Encontro Monte Pindo: O Monte Pindo disfrutou dun Encontro con historia, música, gastronomía e deporte.
Outras novas
- Concello e Comunidades de Montes de Carnota toman nota dos coidados do Monte Cabalar na Estrada.
- Carnota tamén quere ampliar os seus horizontes no seu agro.
- Carnota revive o seu agro.
- A Raínha Lupa revive cun Mercado Ecolóxico en Quilmas.
- Os dirixentes aprenden o significado da sustentabilidade nas Aulas Costa da Morte en Carnota, Laxe e Zas.
- Carnota custodia o territorio.
- Especialistas internacionais introducirán a construción ecolóxica na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Información e foto de Joaquín Pais.