mércores. 07.05.2025
El tiempo

Unha de voluntariado galego para o Monte Pindo

Unha de voluntariado galego para o Monte Pindo
Voluntariado Galego para o Monte Pindo

Ben podíamos estar falando da proposta veciñal "Apadriña unha árbore no Monte Pindo". Pero desta volta é a Xunta a través do seu programa ambiental de Voluntariado Galego o que organiza unha serie de batidas centradas na limpeza e na rexeneración dos montes.

A primeira saída do inverno será precisamente para o necesitado Monte Pindo. E parece evidente que fai falta traballos deste calibre ademais do famoso air-mulching. De feito, a Xunta asegura que o Carballo Anano, especie endémica do monte costeiro, está rebrotando en numerosas zonas, polo que os traballos de conservación fanse tremendamente necesarios.

E será a partir do 21 de outubro cando varios grupos de 10 persoas controlados por un monitor realicen diferentes actividades de rexeneración e preservación da masa forestal.

O programa inclúe aloxamento e pensión completa, o programa de actividades e monitores e un seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

Máis información

Novas sobre incendios

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios