venres. 16.05.2025
El tiempo

8 comparsas competirán no Entroido de Cee

8 comparsas competirán no Entroido de Cee
Entroido-de-Cee-Mary-Poppins-de-Rueirada-Foto-Jorge-Parri

Completísmo prevese o Concurso de Comparsas de Cee, que se celebrará este Sábado de Piñata, cun desfile que arrinca ás 17:00h para dar paso ao Concurso nunha carpa na praza 8 de marzo. Se o ano pasado xa batían marcas, este ano a ver a que hora acaba a cousa, porque ata 8 comparsas se presentan ao certame!

Poderemos ver ás comparsas de Gures, Lires e Buxantes, que xa as disfrutamos en Fisterra emais en Dumbría, pero seguro que traen algunha sorpresa para casa. Tamén teremos a outros da casa, uns que nunca fallan, os de Terra de Sena. Pero é que este ano hai comparsa de Corcubión, volverán os de Louro e os da Trubisquiña de Vimianzo, e tamén de Laraño, Santiago.

A comparasa gañadora, levará 750€, o 2º Premio será de 600€, o 3º de 500, o 4º de 400, o 5º de 300, o 6º de 250 e as Comparsas clasificadas do 7º ó 9º posto, se as houbese recibirían unha axuda 200 € cada unha. Ademais, a carroza gañadora levará 450€ de premio, 350 a segunda e 250 a terceira.

O nome das comparsas é o seguinte:

  • 1. RIO ROCK” (VIMIANZO).
  • 2. OS EMOJIS DO SENA (CEE).
  • 3. BUXANTES CALIDADE (DUMBRÍA).
  • 4. A RUEIRADA: US NAVY 1950 (LOURO).
  • 5. OS ESPANTALLOS MARCHOSOS (LARAÑO-SANTIAGO).
  • 6. DE CIRCONADA (GURES-CEE).
  • 7. OS GONDOLEIROS (CORCUBIÓN).
  • 8. SÁLVAME DOS DE LIRES (LIRES-CEE).

Quentando motores no IES

Panoramix e os galos no entroido do IES Fer Blanco Cheo no Entroido do IES Fernando Blanco

E mentres, a pasada fin de semana servíu para ir quecendo motores. Por exemolo, o pasado venres 13 de febreiro de 2015, celebrouse un Festival de Entroido no IES Fernando Blanco de Cee, no que participou toda a comunidade educativa.
Houbo premios para os disfraces máis orixinais, actuacións musicais, concursos e moitas risas. Un grupo de profesores e persoal non docente montaron o poboado de Astérix, preparando a poción máxica para vencer a César e os romanos que, como diría Obélix, están tolos.
Houbo un grupo de minions aos que non lles faltou o seu amo Gru, comandos das forzas armadas, catwomen e moitos máis disfraces.

Os romanos tamen cantan no Entroido do IES Fernando Blanco

APEM e ASPADEX non fallan

A disco entroideira de APEM

Ademais, non fallaron os bravos de APEM. O pasado luns 16 de febrero celebrouse no centro que a Asociación Pro Enfermos Mentales (APEM) ten na localidade de Cee, unha festa de entroido que este ano tivo como temática “DISCO APEM”. Para este acto contamos coa colaboración dos alumnos da academia de baile “Arte e Movemento”que foron os encargados de abrir o baile. Tamén participaron familiares e amigos, que xunto coa actuación dos nosos usuarios e traballadores, fixeron da tarde unha xornada diferente, animada e chea de alegría.
Rematouse a festa cunha chocolatada e merendola para todos os asistentes.

Entroido hippi en APEM Aspadex de Entroido en casa

E que podemos dicir dos divertidos usuarios de Aspadex, que estiveron en Corcubión, en Dumbría e tiveron tempo para celebralo no seu propio centro!!

Aspadex na festa do Entroido de Corcubion

Novas relacionadas

Entroido 2015

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios